Provincia de Cunene
Coordenadas: 16°42′S 16°03′L / -16.700, -16.050
- Non confundir coa rexión de Kunene, de Namibia.
Cunene é unha das 18 provincias en que se divide administrativamente Angola, localizada na rexión sur do país.
A súa capital é a cidade de Ondijiva, no municipio de Cuanhama.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao leste coa provincia de Namibe, ao norte coa provincia de Huíla, ao oeste coa provincia de Cuando Cubango e ao sur con Namibia, a través do río Cunene, que marca a fronteira entre ambos os países.
A provincia comprende os municipios de Cahama, Cuanhama, Curoca, Cuvelai, Namacunde e Ombadja.
É nesta provincia na que o río Cunene toma o seu nome.
Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, ten unha poboación de 1 121 748 habitantes,[1] e unha superficie de 78 342 km².[2]
A provincia de Cunene é a que ten menos homes para cada grupo de cen mulleres.[3]
Ten un clima tropical seco. Os seus principais cultivos son o millo, a iuca e as hortalizas.
Tamén se explotan o ferro e o cobre.
Poboación dos municipios[editar | editar a fonte]
Poboación estimada en xullo de 2018.
- Cahama, 79 379 hab.
- Cuanhama, 424 306 hab.
- Curoca, 46 556 hab.
- Cuvelai, 65 026 hab.
- Namacunde, 160 992 hab.
- Ombadja, 345 490 hab.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Schmitt, Aurelio (3 de febreiro de 2018): "Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018". Revista Conexão Emancipacionista.
- ↑ "Provincia de Cunene" (en portugués). Ministério da Administração do Território. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ Dados Preliminares do Censo 2014 Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Elisete Marques da Silva (2003): Impactos da ocupação colonial nas sociedades rurais do Sul de Angola. Lisboa: Centro de Estudos Africanos/ISCTE - Instituto Universitário de Lisboa.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Dados Preliminares do Censo 2014 Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |