Dhaulagiri
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Himalaia | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Gandaki Pradesh, Nepal (pt) | |||
| ||||
| Cordilleira | Himalaia e Dhaulagiri Himal (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 8.167 m | |||
| Prominencia topográfica | 3.357 m | |||
| Illamento topográfico | 318 km | |||
| Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 13 de maio de 1960 | primeira ascensión | |||
O Dhaulagiri cunha altura de 8167 m é a sétima montaña máis elevada da Terra e a cima máis alta situada por enteiro nun único país.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome é unha contracción do sánscrito Dhavali giri, que significa "montaña branca".
Situación
[editar | editar a fonte]O Dhaulagiri está situado no centro-norte do Nepal, relativamente preto da fronteira do Tíbet. Forma parte da cadea do Himalaia, a uns 35 km de distancia ao leste do pico do Annapurna, do que o separa o val de Kali Gandaki.
Confusións sobre a altura
[editar | editar a fonte]Foi descuberto para a cartografía en 1808 e ao longo de arredor de 30 anos despois foi considerado como o teito do mundo, até o descubrimento do Kanchenjunga, que pasou a ocupar o lugar, tamén erradamente, por uns anos.
Conformación
[editar | editar a fonte]O Daulaghiri é un macizo composto de dez picos que superan os 7.000 m:
| Dhaulagiri I | 8.167 m |
| Dhaulagiri II | 7.751 m |
| Dhaulagiri III | 7.715 m |
| Dhaulagiri IV | 7.661 m |
| Dhaulagiri V | 7.618 m |
| Churen Himal (Central) | 7.385 m |
| Churen Himal (Leste) | 7.371 m |
| Churen Himal (Oeste) | 7.371 m |
| Dhaulagiri VI | 7.268 m |
| Putha Hiunchuli | 7.246 m |
| Gurja Himal | 7.193 m |
Primeiro ascenso
[editar | editar a fonte]A cima foi conquistada polo ser humano o 13 de maio de 1960, por unha expedición conxunta helvético - austriaca, conducida por Max Eiselin, ao que acompañaban Kurt Diemberger, Peter Diener, Ernst Forrer, Albin Schelbert, Nyima Dorji e Nawang Dorji. Foi a primeira expedición ao Himalaia que contou con apoio aéreo, cun avión, un Pilatus PC-6, que por desgraza se estrelou contra a montaña, onde o aparello ficou abandonado.
Outras ascensións
[editar | editar a fonte]En 1979 tivo lugar a primeira escalada española á cima: o catalán Jordi Pons e os vascos Iñaki Aldaya, Javier Garayoa e Gerardo Plaza.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dhaulagiri |
