Río Salween

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 16°11′39″N 97°35′00″L / 16.19417, -97.58333

Río Salween
ᥑᥨᥒᥰ/ၶူင်း/Nu
Salawin river at Mae Sam Laep.jpg
O Salween formando a fronteira entre Myanmar e Tailandia
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China, Flag of Myanmar.svg Myanmar, Flag of Thailand.svg Tailandia
NacementoMontes Tanggula
Lonxitude2815 km
Conca324 000 km²
Caudal medio4978 m3/s
DesembocaduraMar de Andaman
Salween River basin map.svg

O río Salween, coñecido na China oficialmente como río Nu, é un río duns 2815 km que flúe dende o altiplano do Tíbet ata o mar de Andaman en Asia do sueste.

Drena unha estreita e montañosa conca dun 324 000 km2 que se estende pola China, Myanmar e Tailandia. A súa conca contén unha biodiversidade comparábel coa do río Mekong e é o fogar de sete millóns de persoas. En 2003, áreas clave da rexión foron declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade xunto coas Áreas Protexidas dos Tres Ríos Paralelos de Yunnan.[1]

Os pobos que viven no río Salween están relativamente illados do resto do mundo. O río só é navegábel nos primeiros 90 km dende a súa desembocadura, e tan só na estación das chuvias.

No século XX comezou a explotación forestal nas montañas arredor do Salween e danou a ecoloxía do río. Houbo tamén numerosas propostas de construír encoros no río, tanto na parte chinesa como na de Myanmar, que provocaron protestas sociais e ambientais e unha ampla oposición.[2][3]

Nomes[editar | editar a fonte]

Salween, oficialmente río Thanlwin,[4] é unha transcrición do birmano birmano: သံလွင်မြစ် (|θàɰ̃lwɪ̀ɰ̃ mjɪʔ|). O nome do río noutras linguas locais é en tailandés: แม่น้ำสาละวิน, en phlone: (en birmano); en S'gaw Karen ဃိၣ်လီၤကျိ; e en mon: သာန်လာန် (|san lon|).

Na China, o río coñécese como río Nu ou Nujiang (chinés: 怒江,Nù Jiāng), polo pobo nu que vive na rexión.[5] Entre os tai de Yunnan, é o río Hong (lingua tai nuea: ᥑᥨᥒᥰ xoong; lingua tai long: ၶူင်း xuung). A parte alta no Tíbet coñecese como Nagqu (tibetano: ནག་ཆུ, Wylie: nag chu, ZYPY: Nagqu), "río negro" (chinés: 那曲).

Historia[editar | editar a fonte]

A ruta de Birmania foi construída entre 1937 e 1938 durante a segunda guerra chinesa-xaponesa e cruzaba o río na ponte Huitong. A ponte foi destruída polo exército chinés en retirada e o río converteuse en liña de fronte entre 1942 e 1944.

A campaña do Salween durante a segunda guerra mundial lanzouse para liberar a parte ocupada da China e abrir de novo a ruta de Birmania e conectala coa ruta de Ledo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yanfei Sun and Dingxin Zhao, "Environmental Campaigns," in Kevin O'Brien ed. Popular Protest in China, Harvard University Press, 2008.
  2. Buckley, Michael (30 de marzo de 2015). "The Price of Damming Tibet's Rivers". New York Times (Nova Deli). p. A25. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2015. Consultado o 1 de abril de 2015. Two of the continent’s wildest rivers have their sources in Tibet: the Salween and the Brahmaputra. Though they are under threat from retreating glaciers, a more immediate concern is Chinese engineering plans. A cascade of five large dams is planned for both the Salween, which now flows freely, and the Brahmaputra, where one dam is already operational. 
  3. Yeophantong, Pichamon (2017). "River activism, policy entrepreneurship and transboundary water disputes in Asia". Water International 42 (2): 163–186. doi:10.1080/02508060.2017.1279041. 
  4. Eighth United Nations Conference on the Standardization of Geographical Names
  5. Chellaney, Brahma (15 de setembro de 2011). Water: Asia's New Battleground. Georgetown University Press. pp. 260–. ISBN 978-1-58901-771-9. Consultado o 29 de setembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Phoel, Cynthia M., "Bargaining Power", en Oxfam Exchange, outono de 2004.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]