Chaira indoganxética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Situación da chaira indoganxética.

A chaira indoganxética é unha fértil planicie de 2,55 millóns de km² que comprende a maior parte do norte e do leste da India, o leste de Paquistán e Bangladesh. A rexión toma o seu nome dos Indo e Ganxes, e inclúe un gran número de áreas urbanas. Limita polo norte coa cordilleira do Himalaia, que alimenta os seus numeroso ríos e é a fonte do fértil aluvión depositado ao longo da rexión polos dous sistemas de ríos, ao sur coa meseta Chota Nagpur e as serras de Vindhya e Satpura, e polo oeste co altiplano iraniano.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión é coñecida pola Cultura do val do Indo, que é responsable do nacemento da antiga cultura do sur de Asia. O chan e fértil terreo facilitou o xurdimento e a expansión de varios imperios, incluídos o Imperio Gupta, Jarsha Vardhana, Magadha, Imperio Maurya, Dinastía Pala, Imperio mogol e Sultanato de Delhi, todos eles con centros políticos e demográficos na chaira indoganxética.

Durante o período védico da historia da India, esta rexión foi coñecida como a terra dos arios, e durante o período islámico, como Indostán, derivación do vocábulo persa para o río Indo. Posteriormente, esta expresión empregouse para referirse a toda a India e tamén para referirse aos pobos, a música e a cultura da rexión.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "India". CIA – The World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 14 de decembro de 2007. 
  2. "Hindustani Classical Music". Indian Melody. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2007. Consultado o 14 de decembro de 2007.