K2
Coordenadas: 35°52′52″N 76°30′48″L / 35.881111111111, 76.513333333333
K2 | |
---|---|
![]() | |
Altura: | 8611 metros Posición 2 |
Localización: | Gilgit-Baltistan (China-Paquistán) |
Masivo: | Karakoram |
Primeira acensión: | 31 de xullo de 1954 por Lacedelli & Compagnoni |
Rota máis fácil: | ascensión sobre pedra/neve/xeo |
O K2, tamén coñecido como Mont Godwin-Austen, Chogori ou Dapsang, é unha montaña do Himalaia no masivo de Karakoram, na fronteira sino-paquistanesa (na rexión da Caxemira ocupada). É o segundo pico máis alto do mundo, despois do Everest, cunha altitude de 8.611 metros.
Ascensións[editar | editar a fonte]
Foi explorado pola primeira vez por un europeo en 1856. T.G. Montgomery, na expedición liderada por Henry Habershan Godwin-Austen, designouno como "K2" ("Karakoram 2").
A ascensión do K2 é considerada moito máis difícil que a do Everest. Ata xuño de 2000, 189 persoas tiñan conseguido atinxir o cumio, en canto que case 1500 xa escalaran o Everest. 49 persoas morreron tentando a ascensión, 13 das cales en 1986. A primeira tentativa profesional de ascensión foi no 1902, mais a pesar de cinco tentativas infrutíferas e mortais, o seu cumio non foi atinxido ata que unha expedición italiana realizou este feito o 31 de xullo de 1954. A expedición estaba liderada por Ardito Desio, e os dous alpinistas que atinxiron o cumio foron Lino Lacedelli e Achille Compagnoni.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: K2 ![]() |