Edmund Hillary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Edmund Hillary
Edmund Hillary, c. 1953, autograph removed.jpg
Nacemento 20 de xullo de 1919
  Auckland
Falecemento 11 de xaneiro de 2008
  Auckland e Auckland City
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado Golfo de Hauraki
Nacionalidade Nova Zelandia
Etnia Kiwi
Alma máter Auckland Grammar School e Universidade de Auckland
Ocupación explorador, filántropo, apicultor, diplomático, autobiógrafo e montañista
Cónxuxe June Mulgrew e Louise Mary Rose
Fillos Peter Hillary
Premios Knight Commander of the Order of the British Empire, Orde da Xarreteira, Medalha Polar, Order of Gorkha Dakshina Bahu, Gold Medal, Padma Vibhushan, Grande Médaille d'Or des Explorations, Queen Elizabeth II Coronation Medal, 1939–45 Star, Padma Bhushan, Orde do Imperio Británico, Ordem da Nova Zelândia e Order of Merit of the Republic of Poland
editar datos en Wikidata ]

Edmund Percival Hillary, nado en Auckland o 20 de xullo de 1919 e finado o 11 de xaneiro de 2008, foi un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado ó sur de Auckland, Hillary acudiu á Auckland Grammar School [1], unha escola que se atopaba a dúas horas de camiño. O xove Hillary adoitaba pasar estas horas de camiño lendo. Medrou sendo un neno tímido que buscou refuxio nos libros. Aos 16 anos espertou o seu interese pola escalada tras unha excursión escolar a Ruapehu.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro da aviación neozelandesa. Formou parte dunha expedición ao Everest en 1951 que resultou un fracaso antes de unirse en 1953 á exitosa expedición británica. Escalou outros 10 picos no Himalaia en posteriores visitas en 1956, 1960, 1961, 1963 e 1965. Tamén alcanzou o Polo Sur formando parte da Expedición transártica da Commonwealth o 4 de xaneiro de 1958.

Hillary perdeu á súa esposa Louise e á súa filla Belinda nun accidente de aviación acontecido en Nepal. Mais tarde casou con June Mulgrew. O seu fillo Peter Hillary é tamén un aventureiro e ten escalado o Everest dúas veces.

Activismo[editar | editar a fonte]

Ven dedicando gran parte da súa vida en axudar ao pobo Sherpa do Nepal a través dunha fundación á que dedicou as súas enerxías. Grazas a esta fundación téñense construído escolas e hospitais nas remotas rexións do Himalaia. Durante a década dos 80 foi o Alto Comisionado de Nova Zelandia para a India, equivalente ó cargo de embaixador.

Con ocasión da celebración do 50 aniversario da primeira ascensión ao Everest, o goberno do Nepal nomeou cidadán de honor a Edmund Hillary e lle concedeu unha celebración especial que se celebrou en Katmandú. Hillary é o primeiro estranxeiro que recibe un honor deste tipo do pobo nepalí.

Notas[editar | editar a fonte]