Lhotse
| (bo) ལྷོ་རྩེ (ne) ल्होत्से (zh-hant) 洛子峰 (zh-hans) 洛子峰 | ||||
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Himalaia | |||
| Localizado na área protexida | Parque nacional de Sagarmatha | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Sagarmatha, Nepal (pt) | |||
| ||||
| Cordilleira | Mahalangur Himal (pt) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 8.516 m | |||
| Prominencia topográfica | 610 m | |||
| Illamento topográfico | 2,66 km | |||
| Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 18 de maio de 1956 | primeira ascensión, ⇒ Ernst Reiss, Fritz Luchsinger | |||
O Lhotse, (en nepalés: ल्होत्से, en tibetano: ལྷོ་རྩེ) con 8516 metros (8501 na medición antiga) é a cuarta montaña máis alta da Terra. Sitúase na cadea do Himalaia, na fronteira entre Nepal e o Tíbet, moi preto do Everest. Esta proximidade ao Everest ten feito que fose ignorada por moitos montañeiros. O macizo ten varias cimas secundarias que superan os oito mil metros, así: o Lhotse do medio (sito ao leste) con 8414 m e o Lhotse Shar, con 8383 m.
Nome
[editar | editar a fonte]O Lhotse é o cume E-1 dos servizos cartográficos da India, xa que segundo se di, era unha montaña que carecía dun nome local, ora en tibetano, ora fose en nepalés. Durante o mes de agosto de 1921, nun recoñecemento no Everest, a cargo de Howard Bury, ao non atopar unha designación local, púxolle de nome: Lhotse, que en tibetano quere dicir pico sur, en referencia a que a cima se sitúa ao sur do Everest.
Ascensión
[editar | editar a fonte]En 1956 a expedición suíza dirixida por Albert Eggler e formada por Wolfgang Diel, Hans Grimm, Hansrudolf Von Gunten, Eduard Leuthold, Fritz Luchsinher, Jürg Marmet, Fritz Müller, Ernest Reiss, Adolf Reist e Ernst Schmied, ademais de 22 sherpas, ás ordes de Pasang Dawa Lama achegáronse para tentar conquistar o cume do Lhotse. O 18 de maio Fritz Luchsinger e Ernst Reiss lograron o obxectivo.
