Uttarakhand
Uttarakhand | |
---|---|
Estado | no n/d |
Capital | Dehradun |
• Poboación | n/d |
Lingua oficial | hindi, garhwali, kumaoni |
• Total | 53566 km² |
• % auga | n/d |
• Total (2011) | 10116752 hab. |
• Densidade | n/d |
Xentilicio | n/d |
Fuso horario | n/d |
Código ISO | n/d |
Uttarakhand, tamén chamado Uttaranchal, é un dos vinte e nove estados que, xunto cos sete territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital e cidade máis poboada é Dehradun.
Está situado ao norte do país, limitando ao norte coa República Popular China, ao leste con Nepal, ao sur con Uttar Pradesh, ao suroeste con Haryana e ao oeste con Himachal Pradesh. Con 189 hab/km² é o noveno estado menos densamente poboado —por diante de Megalaya, Himachal Pradesh, Manipur, Nagaland, Sikkim, Jammu e Caxemira, Mizorán e Arunachal Pradesh, o menos densamente poboado—.
Uttarakhand estivo dividido de forma tradicional en dúas partes: a occidental coñecida como Garhwal e a oriental que recibe o nome de Kumaon.
A maior parte do Estado está cuberta polos límites do Himalaia e polos glaciares, mentres que as partes máis baixas conteñen espesos bosques. O ecosistema do Himalaia serve de hábitat para numerosas especies de animais (como os tigres ou os leopardos das neves) e plantas. Dous dos ríos máis importantes da India, o Ganxes e o Yamuna nacen nos glaciares de Uttarakhand.
A industria do turismo é unha das principais fontes de ingresos. Entre os principais destinos áchanse Mussoorie e Almora. A esta rexión pertencen tamén algúns dos templos hinduístas máis sacros polo que é destino de peregrinos desde hai máis de dous mil anos. Entre os principais centros sacros destacan os templos de Haridwar, Rishikesh e Kedarnath.
O estado é tamén o lugar no que se sitúa un dos máis ambiciosos proxectos do goberno indio, a presa de Tehri, proxecto concibido no ano 1953 e que aínda non se completou.
Demografía[editar | editar a fonte]
Os nativos da zona chámanse Garhwali / Kumaoni e son predominantemente hindús. Outras comunidades étnicas presentes en Uttaranchal inclúen ós nepalís. Os Jadh, Marcha e Shauka, coñecidos colectivamente como Bhotiya, viven na zona fronteiriza co Tíbet. Nas chairas do sur do estado establécense numerosos bengalís, punxabi e tibetanos.