Katmandú
Coordenadas: 27°42′N 85°20′L / 27.700, -85.333
Katmandú | |||
---|---|---|---|
काठमाडौं | |||
![]() | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Central | ||
Subrexión | Zona de Bagmati | ||
Distrito | Distrito de Katmandú | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1400 msnm | ||
Superficie | 49,45 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2 500 000 hab. (núcleo cidade); 4 000 000 hab. área metropolitana 2019) | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Katmanduano/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 44600 (GPO), 44601, 44602, 44604, 44605, 44606, 44608, 44609, 44610, 44611, 44613, 44614, 44615, 44616, 44617, 44618, 44619, 44620, 44621 | ||
Alcalde | Kedar Bhahadur Adhikari | ||
kathmandu.gov.np |
Katmandú[1] (en nepalés: काठमांडौ) é a capital e a maior cidade do Nepal. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). Katmandú é o núcleo da meirande aglomeración urbana do Nepal, localizada no Val de Katmandú, e que está formada por Lalitpur, Kirtipur, Madhyapur Thimi, Bhaktapur e un gran número de pequenas comunidades. Segundo o censo de 2011, a cidade metropolitana de Katmandú tiña unha poboación de 1 003 285 e unha área de 49,45 km².
Xeografía[editar | editar a fonte]
Localízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude[2]. Está rodeada por catro grandes montañas: Shivapuri, Phulchoki, Nagarjun e Chandragiri. O val de Katmandú forma parte de tres distritos (Katmandú, Lalitpur e Bhaktapur).
A súa poboación medra de xeito rápido, máis que duplicándose nas estatísticas entre 2011 e 2019. Ten a maior densidade de poboación do país, sendo o fogar dunha doceava parte dos habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 723 polos newares. A cidade antiga é característica pola gran cantidade de templos e palacios budistas e Hindús, a maioría deles do século XVII. Moitos destes monumentos foron estragados desafortunadamente por terremotos e a contaminación. No val de Katmandú hai sete sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Katmandú converteuse nun sitio moi visitado polos turistas desde os anos 1960 a raíz do movemento hippie.
Cidades irmás[editar | editar a fonte]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para katmanduano.
- ↑ "Kathmandu Metropolitan City Office – Introduction". Kathmandu Metropolitan City Office. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2014.