Caxemira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da rexión de Caxemira. En verde, o territorio ocupado por Paquistán; en laranxa, o ocupado pola India

Caxemira é unha rexión que localizada na zona norte do subcontinente de India.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente, denominouse Caxemira ao val situado ao sur da parte máis occidental da cordilleira do Himalaia; mais, o termo "Caxemira" esténdese moito máis aló no ámbito político, incluíndo as rexións de Xammu e Ladakh, que historicamente formaban o principado de Xammu e Caxemira.

O Val de Caxemira é relativamente baixo e moi fértil, rodeado por gran número de montañas, sendo considerado como unha das zonas máis belas do mundo.

Vale de Caxemira

A rexión encóntrase actualmente dividida entre India, Paquistán e China, sendo un dos focos de disputas internacionais máis importante da actualidade. Paquistán controla a rexión noroccidental (Territorios do Norte e Azad Kashmir (azad significa "libre"), chamadas "Caxemira ocupada paquistaní" por India). India controla os sectores centrais e sur da rexión (Xammu e Caxemira), mentres que China ten ocupado a rexión nororiental (Acsai Chin).

Ningún dos outros países recoñece a administración dos outros sobre os terreos disputados e considérannos zonas ocupadas ilegalmente. Actualmente, unha opción que ten tomado gran forza dentro de Caxemira, a independencia, foi negada duramente tanto por Paquistán como por India.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caxemira