Pregamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flanco dunha dobra inserto nun manto de corremento. Santa Lucía de Gordón. León. España.

O pregamento ou dobramento é un proceso xeolóxico que orixina a aparición dunha estrutura xeolóxica coñecida como dobra como resultado dunha deformación continua e progresiva dos materiais rochosos sedimentarios e estratificados que aparecen sobre a superficie terrestre.

Orixe e formación[editar | editar a fonte]

As dúas situacións necesarias para que dita forma se xere son:

  • A intensidade dos fenómenos comprensivos de orixe tectónico ha ser tal que logre pór en movemento ós materiais.
  • Os materias deben posuir a plasticidade necesaria para tender a abombarse ou ondularse sen chegar á fracturación.

Deste xeito as dobras adoitan situarse sobre as coberturas sedimentarias porque son practicamente as únicas capaces de responder plasticamente ós esforzos tectónicos xerados. As dobras orixínanse a partir de fenómenos comprensivos, de levantamento ou de gravidade. Atópanse a tódalas escalas, dende tan só uns centímetros, ata abarcar superficies de centenares de quilómetros.

Elementos dunha dobra[editar | editar a fonte]

Podemos diferir os seguintes elementos constitutivos básicos:

  • Charneira: fai referencia á liña de intersección do plano axial coa capa máis externa da dobra. É a liña que une os puntos de maior inflexión entre dúas capas, que separa dos flancos.
  • Flanco: trátase das partes da dobra localizadas a un e outro lado respecto do plano axial. Son porcións da dobra localizadas entre as charneiras.
  • Plano axial: aquel que contén todas as charneiras correspondentes ás distintas capas da dobra. Trátase do plano de asimetría da dobra e a súa dirección coincide coa deste.
  • Eixo da dobra: intersección do plano axial coa superficie do terreo.
  • Crista da dobra: punto culminante da dobra; liña axial máis elevada da dobra.
  • Suco da dobra: punto máis deprimido ou afundido.
  • Amplitude dunha dobra: defínese do mesmo xeito cá amplitude dunha onda, como a distancia entre a crista e un suco sucesivo.
  • Buzamento: define a inclinación dos flancos que compoñen o pregamento respecto ó plano axial; poden variar entre un flanco e outro e é nulo na charneiras.

Clasificación[editar | editar a fonte]

As dobras básicas son as anticlinais e as sinclinais; a diferenza entre elas vén dada polo tipo de materiais que conforman o seu núcleo; segundo sexan máis antigos ou máis modernos que os que se localizan nos seus flancos. Os primeiros adquiren unha morfoloxía cóncava e os segundos unha forma convexa.

Atendendo a súa xeometría diferenciamos as dobras simétricas e as asimétricas segundo se o plano axial o divide en dúas partes iguais ou non. Cando o plano axial aparece vertical orixínanse os pregamentos rectos, onde a charneira e o eixo do plano coinciden. No caso inverso dise que presentan verxencia cara un lado ó ser asimétricos. En relación ó grao de verxencia atopamos:

  • Pregamentos inclinados: aqueles que posúen os flancos co buzamento oposto pese á inclinación do plano axial.
  • Pregamentos volcados: cando os flancos que o constitúen se caracterizan por manter o buzamento sempre na mesma dirección e cunha inclinación inferior a 45 º.
  • Pregamentos tumbados: similar ó caso anterior pero coa inclinación maior a 45º.
  • Pregamentos volcados: dobras que se aproximan á horizontal.

A diferenza litolóxica entre os diversos estratos tamén ocasiona unha diversidade de comportamentos fronte a un mesmo pregamento. A alternancia entre estratos ríxidos ou competentes con outros de maior plasticidade ou incompetencia pode chegar a orixinar variacións na curvatura e grosor dos estratos dunha mesma dobra; de feito, o tipo de pregamento dunha capa específica depende do contraste de rixidez entre ela e a masa de rocha que a rodea.

Os dous casos extremos o constitúen os pregamentos isópacos, que corresponden a un contraste de rixidez elevada e cos estratos preservando o seu grosor orixinal, e anisópacos, nos que o contraste é nulo e os estratos fóronse deformando como consecuencia de adelgazamentos e engrosamentos. Normalmente as dobras son o resultado dunha situación intermedia entre estes dous tipos. As dobras isópacas (ou paralelas) orixínanse por flexión e deslizamento entre os seus estratos; caracterízanse porque todas as súas capas conservan o espesor en calquera punto por igual. As dobras anisópacas ou similares orixínanse por medio dunha flexión e un efecto de cizalla; neles o espesor dun estrato unicamente conservase na dirección paralela á do plano axial e para iso require a migración de materia dende os flancos que adelgazan cara a charneira que sofre un paulatino engrosamento, tanto maior canto máis cerrados sexan os pregamentos.

Neste último caso o desprazamento no interior de cada estrato é moito maior que no das dobras isópacas; isto explica que nun medio estratificado as capas máis competentes tendan a desenvolver dobras isópacas mentres que as máis incompetentes, anisópacos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]