Orquestra sinfónica
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |

A orquestra sinfónica ou orquestra filharmónica é unha agrupación ou conxunto musical de gran tamaño que conta con varias familias de instrumentos musicais, como o vento madeira, vento metal, percusión e corda. Unha orquestra sinfónica ou filharmónica ten, xeralmente, máis de oitenta músicos na súa lista. Só nalgúns casos chega a ter máis de cen, pero o número de músicos empregados nunha interpretación particular pode variar segundo a obra que vai ser executada.[1]
O termo «orquestra» derívase dun termo grego que se usaba para nomear á zona fronte ao escenario destinada ao coro e significa ‘lugar para bailar'.
Instrumentos musicais da orquestra sinfónica
[editar | editar a fonte]
A orquestra de cámara ou sinfónica típica consta de catro grupos proporcionais de instrumentos musicais similares, polo xeral aparecen nas partituras na seguinte orde (coas súas respectivas proporcións indicadas):
- Vento madeira: 1 frautín, 2 frautas, 2 óboes, 1 corno inglés, 2 clarinetes e 2 fagots. Ocasionalmente tamén se inclúen 1 clarinete baixo ou 1 contrafagot e saxofóns
- Vento metal: de 2 a 5 trompetas, de 2 a 6 trompas, 2 ou 3 trombóns tenores e 1 ou 2 baixos. Ocasionalmente, 1 tuba.
- Percusión: varía moito dependendo da obra, podendo atopar timbais e caixa.
- Cordas: 40 violíns, de 8 a 12 violas ou máis, de 8 a 12 violonchelos ou máis e de 5 a 8 contrabaixos ou máis. Ocasionalmente tamén se inclúen arpa e piano.
Cada sección da orquestra ten unha colocación determinada de 15 tipos de instrumentos, que veu sendo normalizada pola potencia sonora dos instrumentos. Así, os instrumentos de corda sitúanse á fronte, de máis agudo a máis grave, detrás colócanse os instrumentos de vento, primeiro madeira e logo metal, e ao final colócanse os instrumentos de percusión e o piano.
Destes instrumentos, hai moitos que son o corazón da orquestra e nunca se renuncia a eles, e outros que son auxiliares e non sempre aparecen na orquestra, a pesar de ser parte do modelo estándar. Por exemplo, os violíns son imprescindibles pero o piano non sempre se atopa.
Director de orquestra
[editar | editar a fonte]O director da orquestra cumpre cunha función principal respecto da orquestra sinfónica, posto que é o que a dirixe e determina a disposición dos instrumentos. É unha persoa que non só mantén o tempo da peza e da as entradas dos instrumentos para que a interpretación sexa coherente, senón que debe interpretar a partitura segundo o concepto “global”, manténdose fiel ao espírito orixinal da obra pero dando unha visión persoal. Para conseguilo, debe coñecer en profundidade a vida e obra dos compositores. O director non aparece na orquestra até o século XIX, cando realmente establecéronse os estándares de orquestra sinfónica.
Anteriormente era o primeiro violín (concertino), o clavecinista ou organista quen dirixía (continuista), e actualmente encárganse de afinar o conxunto e da colocación do director dentro do campo visual dos intérpretes. O solista nas obras sitúase xunto ao director.
Orquestras sinfónicas en España
[editar | editar a fonte]- Euskadiko Orkestra Sinfonikoa
- Orquestra Simfónica Camerata XXI
- Orquestra Ciudad de Granada
- Orquestra da Comunidade de Madrid
- Orquestra Filharmónica de Gran Canaria
- Orquestra Filharmónica de Málaga
- Orquestra Nacional de España
- Orquestra Pablo Sarasate
- Orquestra Sinfónica de Galicia
- Orquestra Sinfónica de la Región de Murcia
- Orquestra Sinfónica de Madrid
- Orquestra Sinfónica de RTVE
- Orquestra Sinfónica de Tenerife
- Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias
- Orquestra de Cadaqués
- Orquestra de Valencia
- Orquestra Filharmònica de Catalunya (OCE)
- Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya
- Orquestra Simfònica de les Illes Balears 'Ciutat de Palma'
- Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu
- Orquestra Simfònica del Vallès
- Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida
- Real Orquestra Sinfónica de Sevilla
- Real Filharmonía de Galicia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Latham, Alison (2008). Tezontle, ed. Diccionario enciclopédico de la música (en castelán). México, D. F.: Fondo de Cultura Económica. pp. 1132–1134. ISBN 6071600200.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orquestra sinfónica ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |