Penguin Books é unha editorialbritánica, fundada en 1935 por Allen Lane e os seus irmáns Richard e John, coa intención de subministrar literatura de calidade a prezos accesibles, e que foran vendidos non só en librerías, senón tamén en estacións ferroviarias e en tendas en xeral.[1] Os seus produtos máis sobranceiros son os seus libros de peto, publicados por primeira vez no ano de fundación da empresa, malia que nun comezo só era un selo editorial de The Bodley Head. A editorial tamén tivo un grande impacto no debate público do Reino Unido, grazas aos seus libros sobre a cultura británica, a política, as artes e a ciencia.