Aconcagua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°39′11″S 70°00′42″O / -32.653055555556, -70.011666666667

Aconcagua desde a entrada do parque.

O Aconcagua é o pico máis alto do cordal dos Andes e, xa que logo, de América do Sur, de toda América e o pico máis alto fóra de Asia, cunha altitude de 6.960,8 metros.[1] Está situado na provincia arxentina de Mendoza. Ó norte e ó leste limita co Val das Vacas e ó sur e ó oeste co Val dos Horcones inferior. Conta con diversos glaciares. Os máis importantes son o glaciar nororiental ou polaco e o do leste ou inglés. Atópase dentro do Parque provincial Aconcagua, e é unha montaña moi frecuentada por andinistas de todo o mundo. O primeiro ascenso foi realizado por Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro de 1897. Estudos xeolóxicos sitúan a elevación do Aconcagua na idade Permotriásica, uns 200 a 280 millóns de anos atrás. A montaña foi creada pola subdución da placa de Nazca baixo a placa Suramericana durante a xeoloxicamente recente oroxenia andina. A orixe do seu nome non está clara, discútese se ven do Arauca Aconca-Hue ou do Quechua Ackon Cahuak (cuxo significado é Sentinela de Pedra)

Rutas[editar | editar a fonte]

En termos montañeiros, o Aconcagua é tecnicamente sinxelo dende a cara norte, a Rota Normal na que non é necesario o uso de técnicas de escalada aínda que os efectos da altitude son severos (a presión atmosférica é o 40% da existente a nivel do mar). Non se require o uso de osíxeno adicional. Aínda que normalmente, a Rota Normal ascéndese a través de tres campamentos cos seus correspondentes días de descanso. Seguindo a orde crecente de dificultade, a segunda rota máis común é a do Glaciar dos Polacos. Esta aproxímase á montaña a través do Val das Vacas, ascende ata a base do glaciar dos Polacos, cruza a rota normal ata a suba final ó cume.

As rotas dende as cristas situadas ó sur e suroeste son as máis duras, considerando a Parede Sur coma a máis esixente.

A primeira ascensión da que se teñen novas foi realizada en 1897 por unha expedición liderada polo británico Briton Edward Fitzgerald. O cume foi alcanzada polo suízo Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro e por outros dous membros da expedición uns sías despois.

O primeiro arxentino en chegar ó cume foi Nicolás Plantamura, pertencente ó exército rxentino, o 8 de marzo de 1934; a primeira muller foi a francesa Adriana Bance, o 7 de marzo de 1940, quen ascendeu acompañada por membros do club andinista de Mendoza. Actualmente antes de subir ó cume é mester adquirir un permiso na autoridade provincial do parque de Aconcagua en Mendoza. Os prezos varían segundo a estación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Informe científico que estudia el Aconcagua: el Coloso de América mide 6.960,8 metros"". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2012.