Gasherbrum II
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Prefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Gasherbrum (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 8.034 m | |||
Prominencia topográfica | 1.524 m | |||
Illamento topográfico | 5,26 km | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
O Gasherbrum II (tamén chamado K4), con 8.035 metros é a décimo terceira montaña do mundo pola súa altura. Tense por un dos picos máis accesíbeis entre os que superan os oito mil metros de altura, e só o Everest e o Cho Oiu gozan de máis ascensións.
A ruta normal de escala é a través da aresta suroeste, xa que está relativamente libre de perigos obxectivos, como o xeo e os aludes. Unha expedición típica tarda unhas 7 ou 8 semanas e os permisos de escalada roldan os 7.500 dólares, para cinco alpinistas.
O Gasherbrum II foi escalado por primeira vez o 8 de xullo de 1956 por Fritz Moravec, Josef Larch e Hans Willenpart, dunha expedición austríaca.
Situación
[editar | editar a fonte]O Gasherbrum II está situado na fronteira entre Paquistán e a China, coas coordenadas 35º 45' 31" N e 76º 39' 10" E. Forma parte do macizo do Gasherbrum, á súa vez integrado no cordal do Karakorum, que é un ramal occidental do Himalaia. Todo ese macizo dos Gasherbrum forman a cabeceira do glaciar de Baltoro, moi próximo ao K2, polo que compartiran as primeiras exploracións da zona.
Denominacións
[editar | editar a fonte]O nome Gasherbrum procede do balto rgasha brum que significa "montaña fermosa". Nos primeiros recoñecementos topográficos do Karakorum foi bautizado como K4 (é dicir como cuarto pico do Karakorum).
Ascensos
[editar | editar a fonte]O 7 de xullo de 1956, ás once e media da mañá os austríacos Sepp Larch, Fritz Moravec e Hans Willempart pisaron o cume do Gasherbrum II. Formaban parte dunha expedición patrocinada pola Sociedade Austríaca do Himalaia. Utilizaron na súa escalada a ladeira do suroeste.
En 1980, os cataláns Pere Aymerich e Enric Font, en colaboración cunha cordada xaponesa, coroaron a cima da montaña.
No 2000 o guipuscoano Félix Iñurrategui chegou ao cume do Gasherbrum II.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gasherbrum II |