Punjab, Paquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Punjab
Provincia de Paquistán
Punjab in Pakistan.svg
Capital Lahore
Área 205.344 km²
Poboación 91,379.615 (2012)
Densidade 490 hab./km²

Punjab é unha das catro provincias de Paquistán. Está situada no leste do país, facendo fronteira coa India. Con preto de 100 millóns de habitantes, é a rexión máis poboada e desenvolvida de Paquistán. A súa capital é Lahore, cidade que supera os 10 millóns de habitantes. Outras cidades millonarias en Punjab son Faisalabad, Rawalpindi, Multan e Gujranwala.

O nome da provincia ten a súa orixe no século XVII cando os mongoles mesturaron as palabras persas punj (cinco) e āb (auga) facendo referencia ós cinco ríos que percorren o territorio antes de desembocar no río Indo. Hai un Punjab na India, pois a rexión histórica quedou dividida trala separación dos estados indio e paquistaní en 1947.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Punjab, Paquistán