Lingua nepalesa
| Lingua nepalesa | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| नेपाली | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||||||
|
Xénero gramatical
| |||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
O nepalés[1] ou nepalí[2] é o idioma oficial do Nepal, aínda que é falado tamén nalgunhas zonas do norte da India e Bután. Esta lingua pertence á rama indo-iraniana da familia indoeuropea. Así como moitos dos idiomas do sur de Europa (como o galego, o italiano, o castelán, o francés, o portugués etc...) desenvolvéronse a partir do idioma latino e este do indoeuropeo, do mesmo xeito moitos dos idiomas do norte da India (entre eles o nepalés) desenvolvéronse a partir do sánscrito, e orixinalmente tamén provén do indoeuropeo.
O vocabulario provén na súa maior parte do sánscrito, aínda que ten algunhas palabras prestadas do árabe e do persa (que lle chegaron a través do hindi e do urdú). Recentemente aumentáronse os préstamos do inglés.
O nepalés escríbese no alfabeto devanágari, por exemplo: गअलइसप que significa 'Galiza'.
A tipoloxía é suxeito-obxecto-verbo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepalés.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepalí.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua nepalesa |