Sufismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O sufismo[1] ou taṣawwuf (árabe, تصوّف) é definido polo seus seguidores como a dimensión mística e interior do islam.[2][3][4] Un practicante desta tradición acostuma chamarse ṣūfī (صُوفِيّ) ou derviche.

Características[editar | editar a fonte]

Os estudos clásicos sufís definiron o sufismo como "unha ciencia cuxo obxectivo é reparar o corazón e afastalo de todo o que non sexa Deus."[5] Ou ben, en palabras do mestre sufí darqawi Ahmad ibn Ajiba, "unha ciencia a través da cal se pode coñecer como introducirse na divina presenza, purificar o propio interior da sucidade, e embelecelo con diversas características loables."[6]

Os sufís clásicos foron caracterizados polo seu apego ao dhikr (unha práctica que consiste en repetir os nomes de Deus) e o ascetismo. O sufismo gañou adeptos entre moitos musulmáns como reacción ao comportamento mundano do primeiro Califato Omeia (661-750 d.C.[7]). Os sufís abarcaron varios continentes e culturas ao longo dun milenio, expresándose primeiro en árabe, logo en persa, turco e unha ducia de linguas máis.[8] Os "mandatos" (ṭuruq), que proveñen da doutrina sunnita ou xiíta ou de ámbalas dúas mesturadas [9], calcan moitos dos preceptos orixinais do profeta islámico Mahoma a través do seu curmán ‘Alī, coa notable excepción do Naqshbandi, quen traza a súa orixe a través do primeiro califa, Abu Bakr.[10] Outras escolas de sufismo exclusivas descríbense a si mesmas como marcadamente sufís.[11]

De acordo con Idries Shah, a filosofía sufí é de natureza universal, as súas raíces preceden ao ascenso do islam e as outras relixións modernas, agás quizais o hinduísmo e os seus derivados, o budismo e o xainismo; así mesmo, algúns musulmáns consideran o sufismo fóra da esfera do islam.[2][12] Así e todo, os principais estudosos do islam opinan que simplemente é o nome da dimensión interior e esotérica do islam.[2]

Irmandades (turuq)[editar | editar a fonte]

O sufismo e os seus practicantes están agrupados en distintas irmandades (tariqa, en plural turūq) que perseguen a purificación da alma humana (nafs), a consecución do coñecemento divino (ma'arifa) e a realización da Realidad Divina (haqīqa), a través das ensinanzas espirituais que brinda a Revelación (o Corán e a sunna principalmente), de manera secundaria aos ditos e experiencias doutros profetas e os santos, e a práctica dun camiño espiritual a través da guía dun mestre autorizado que posúe unha cadea iniciática (silsila).

As diferenzas entre elas débense máis que a unha cuestión de principios ás características especiais que lles infunden os grandes mestres de cada cadea iniciática.

Desenvolvemento histórico[editar | editar a fonte]

Seguindo as etapas que propón M. Sells[13] os períodos históricos do islam poden dividirse en:

  1. Fase pre-sufí, que inclúe a espiritualidade inicial, baseada no Corán, os elementos esenciais do islam e a viaxe nocturna do profeta (miraŷ).
  2. Período temperán, que inclúe as narracións das primeiras xeracións como Hasan al-Basrī (f. 728), Dhu l-Nun o Exipcio (f. 864), Rabia al Adawiyya (f. 801), Abu Yazid al-Bistami, al-Muhasibi, Yunayd, Abu Talib al-Makki e al-Hakim al-Tirmidhi. As súas palabras e os seus textos foron transmitidos de forma masiva a través de referencias en textos posteriores. Para Sells este período inclúe dende Hasan al-Basra ata Niffari (f. 965).
  3. Época formativa da literatura e a ciencia, que abrangue dende al-Sarrāŷ (f. 1273) ata Ibn 'Arabī (f. 1240), e marca o final do período clásico ou de formación.
  4. Período moderno, no que se estruturan as diferentes escolas ou irmandades (turuq).
  5. Período contemporáneo, dende a fin da formación dos turuq máis vellos ata a actualidade.

Esta clasificación das diferentes etapas coinciden coas que expoñen outros autores como D. Gril e E. Geoffroy,[14] que fai máis fincapé no período de formación dos turuq, ou Annemarie Schimmel.[15] Con todo, este tipo de clasificacións son inexactas, e non deben considerarse máis que un guión ou ferramenta para entender o discorrer histórico do sufismo.

Xiísmo e sufismo[editar | editar a fonte]

A realidade do xiísmo e o sufismo como aspectos integrantes da revelación islámica é dunha claridade demasiado cegadora como para facer caso omiso dela ou xustificala sobre a base dun tendencioso argumento histórico.

Aínda que o xiísmo e o sufismo en exotérica teñen parecido, hai profundas diferenzas. Tamén o sufismo na esotérica ten parecido co sunnismo, e pódese dicir que a gnosis islámica cristalizou na forma do sufismo no mundo sunní, mentres encheu toda a estrutura do xía, especialmente durante a súa primeira época.

Segundo a opinión dalgúns sunníes, o sufismo presenta parecidos co xiísmo e mesmo asimilou aspectos deste. Así mesmo un sabio como Ibn Khaldun di: " os sufíes empapáronse das teorías da xiíta. Ditas teorías penetraron tan profundamente nas súas ideas relixiosas que basearon a súa propia práctica de usar manto no feito de que Alí revestiu a Al-Hasan al-Basri con ese vestiario e fixo que se adherira solemnemente á senda mística. A tradición foi continuada, segundo os sufíes, por Al-Junaid, un dos sabios sufíes". Os xiítas cren que o xiísmo é a base do que logo chegou a coñecerse como sufismo.[16]

A seita do sufismo non ten Xaria (Lei) particular, só é unha vía espiritual que se chama Tariqah (Camiño), e é como a seita suní el Maliki ou el Shafei. Pero os xiítas cren que tanto Shariah coma Tariqah son importantes no Islam; ademais a crenza do xiísmo sobre Tariqah é diferente, os xiítas din que temos que aprender a maneira de vida do profeta Mahoma e a dos imáns.[17]

Arquitectura sufí[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sufismo.
  2. 2,0 2,1 2,2 Dr. Alan Godlas, University of Georgia, Sufism's Many Paths, 2000, University of Georgia
  3. Nuh Ha Mim Keller, "How would you respond to the claim that Sufism is Bid'a?", 1995. Fatwa dispoñible en: Masud.co.uk
  4. Dr. Zubair Fattani, 'The meaning of Tasawwuf', Islamic Academy. Islamicacademy.org
  5. Ahmed Zarruq, Zaineb Istrabadi, Hamza Yusuf Hanson—"The Principles of Sufism." Amal Press. 2008.
  6. Fons Vitae publicou unha tradución ao inglés da biografía de Ahmad ibn Ajiba.
  7. Hawting, Gerald R. (2000). The first dynasty of Islam: The Umayyad Caliphate AD 661-750. Routledge. ISBN 0415240735.  O título do libro confirma este dato. Ver Google book search.
  8. Michael Sells, Early Islamic Mysticism, pg. 1
  9. Rehearing Quran in open Translation Arquivado 13 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Neil Douglas-Klotz
  10. Kabbani, Muhammad Hisham (2004). Classical Islam and the Naqshbandi Sufi Tradition. Islamic Supreme Council of America. p. 557. ISBN 1930409230. 
  11. http://www.uga.edu/islam/sufismwest.html
  12. Idries Shah, The Sufis, ISBN 0-385-07966-4
  13. M. Sells: Early Islamic Mysticism (páx. 17-24). Nova York: Pulist Press, 1996.
  14. Véxanse os dous primeiros capítulos (páx. 57-86) de A. Popovic y G. Veinstein (eds.): Las sendas de Alá. Barcelona: Bellaterra, 2000.
  15. Annemarie Schimmel: Dimensiones místicas del islam. Madrid: Trotta, 2000
  16. Nasr, Seied Husein (2012). Shi'ismo y sufismo; su relación esencial y su relación histórica (en castelán). Irán: Fundación Cultural Oriente. p. 6. 
  17. "Shiísmo y sufismo; su relación esencial y su relación histórica". Islamoriente (en castelán). 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]