Rinoceronte da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinoceronte da India
Rhinoceros unicornis no Parque Nacional Kaziranga
Rhinoceros unicornis no Parque Nacional Kaziranga
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Rhinocerotidae
Xénero: 'Rhinoceros'
Especie: ''R. unicornis''
Nome binomial
''Rhinoceros unicornis''
Linnaeus, 1758
Distribución do Rinoceronte da India

Distribución do Rinoceronte da India

O rinoceronte da India (Rhinoceros unicornis), é unha especie da familia Rhinocerotidae. Sinalado como unha especie vulnerable, este gran mamífero habita no nordeste de Assam (India) e en áreas protexidas no Terai de Nepal, onde pequenas poboacións viven nos pastos ribeiregos ao pé do Himalaia.[1]

O rinoceronte da India viviu antigamente en toda a Chaira Indoganxética, pero a caza desmedida reduciu o seu hábitat drasticamente. Hoxe, arredor de 3.000 rinocerontes viven en liberdade, 2.000 dos cales se atopan en Assam.[2]

É o quinto meirande animal terrestre.

Poboación[editar | editar a fonte]

Poboación dende 1910.

En 2007, o número total de exemplares era de 2.575, dos cales 2.200 vivían en áreas protexidas da India:[3]

Santuario da Vida Salvaxe Pobitora rexistra a maior taxa de densidade de rinocerontes da India no mundo — con 84 exemplares en 2009 nunha área de 38,80 km2.

A poboación no Nepal medrou dos 99 individuos de 2008 ós 503 de 2011. De todos eles, 145 eran machos, 183 femias e 175 de xénero sen identificar; 332 eran adultos, 111 crías e 60 de idade intermedia.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Talukdar, B. K., Emslie, R., Bist, S. S., Choudhury, A., Ellis, S., Bonal, B. S., Malakar, M. C., Talukdar, B. N. Barua, M. (2008). "Rhinoceros unicornis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Sarma, P.K., Talukdar, B.K., Sarma, K., Barua, M. (2009) Assessment of habitat change and threats to the greater one-horned rhino (Rhinoceros unicornis) in Pabitora Wildlife Sanctuary, Assam, using multi-temporal satellite data. Pachyderm No. 46 July–December 2009: 18–24.
  3. Syangden, B.; Sectionov; Ellis, S.; Williams, A.C.; Strien, N.J. van; Talukdar, B.K. (2008) Report on the regional meeting for India and Nepal IUCN/SSC Asian Rhino Species Group (AsRSG); March 5–7, 2007 Kaziranga National Park, Assam, India. Kaziranga, Asian Rhino Specialist Group
  4. Department of National Parks and Wildlife Conservation (2011) Rhino count in Nepal accomplished. Kathmandu, Nepal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

India geo stub.svg
A Galipedia ten un portal sobre: