Everest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 27°59′17″N 86°55′31″L / 27.98806, -86.92528

Everest
O monte Everest desde Sagarmatha
Everest desde Kala Patthar, en Nepal
Altitude 8.844,43 m Posición 1
Latitude 27°59′16″ N
Lonxitude 86°56′40" E
Localización Fronteira NepalTíbet
Cordilleira Himalaia
Ruta máis fácil Sur (Nepal)

O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia . Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo), en tibetano, Chomolungma (ཇོ་མོ་གླང་མ), Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo), e en chinés: 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰. A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.

Medida da súa altitude[editar | editar a fonte]

Everest visto desde KalarPatar.

Ata 1865 as autoridades coloniais británicas das Indias, denominaban ao monte Everest coma Peak XV (Pico XV).

Radhanat Sikdar, un matemático e topógrafo indio do Bengal, foi o primeiro en identificar o Everest coma o cumio máis alto do mundo, por cálculos trigonométricos en 1852. A súa altitude foi entón estimada en 29.002 pés (en vez dos 29.035 reais), cálculos que foron feitos públicos por Sir Andrew Waugh, gobernador xeral da India colonial británica desde 1843.

No 1865, o mesmo Andrew Waugh bautiza o Peak XV co nome do seu predecesor a gobernador xeral, Sir George Everest (1790-1866), gobernador de 1830 a 1843. Desde entón, o nome de monte Everest establécese en todas as linguas occidentais. Certos indios pensan que o cumio debería de se chamar Sikdar, e non Everest, a fin de render xustiza ao autor dos cálculos de 1852.

Unha medida GPS efectuada en maio 1999 por alpinistas americanos e aceptada pola National Geographic Society sitúa a altura do Everest en 8.850 metros. En cambio, no ano 2005, científicos chineses con aparellos máis modernos reflectiron como medida real a de 8.844,43 cun índice de erro non superior a 30 centímetros.

Ascensións[editar | editar a fonte]

Desde 1921 tíñanse feito varias tentativas de ascensións á montaña.

Everest visto desde a Estación Espacial Internacional.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Ao concluír 2001, 1.491 persoas acadaran o cumio.

Dende a tentativa de ascensión de George Mallory e Andrew Irvine no ano 1924 ata o remate do período de escalada do ano 2013, faleceron no monte Everest un total de 240 persoas[1].

Clima[editar | editar a fonte]

O clima do Everest é extremo. En xaneiro, o mes máis frío, a temperatura promedio no cumio é de -36 °C podendo baixar incluso ata os -60 °C. En xullo, o mes máis cálido, a temperatura promedio no cumio é de -20 °C. Porén estas temperaturas xa de por si extremas co efecto do vento a sensación térmica é dunha temperatura moito máis baixa.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Everest visto desde Rombok Gompa (Tíbet).
  • 1841: O coronel George Everest, Topógrafo Xeral na India, bautiza provisionalmente a montaña como Pico XV.
  • 1852: Cálculos da Great Trigonometrical Survey levan a concluír que se trata da montaña máis alta da Terra.
  • 1921: Primeira expedición británica no Everest.
  • 1924: O 8 de xuño George Mallory e Andrew Irvine parten rumbo ao pico e desaparecen na néboa. Nunca se soubo se chegaron ou non.
  • 1953: Na mañá do 29 de maio, o apicultor neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan ao pico.
  • 1995: Waldemar Niclevicz e Mozart Catão son os primeiros brasileiros en atinxir o cume do Everest, ás 11h 22m do día 14 de maio.
  • 1996: O porriñés Jesús Martínez Novás convértese no primeiro galego en subir o Everest (e sen osíxeno).
  • 1996: Maior número de alpinistas mortos nun só ano: quince.
  • 1999: O corpo de Mallory é atopado con obxectos persoais, mais sen a foto da esposa, que prometera deixar no pico.
  • 1999: En maio, João Garcia é o primeiro portugués en atinxir o pico (e sen osíxeno adicional), mais pérdese no descenso (o seu colega de escalada belga morre na descendida) e é rescatado polo matrimonio brasileiro Helena e Paulo Rogério Coelho. Após unha longa hospitalización sobrevive, mais perde parte de nove dedos e parte do nariz.
  • 1999: O 26 de maio a galega Chus Lago é a primeira muller galega, e terceira do mundo, en realizar a ascensión sen osíxeno artificial.

Rutas de ascenso[editar | editar a fonte]

As dúas principais rutas de ascenso, a suroeste (laranxa) e a nordés (amarelo).

O monte Everest ten dúas rutas principais para acceder ao cumio: a ruta pola cara suroeste, dende o Nepal, e a ruta nordés, dende o Tibet, porén existen outras trece rutas menos frecuentadas. Das dúas rutas principais a máis fácil tecnicamente e a máis utilizada é a suroeste, foi a seguida por Hillary e Tenzing en 1953 e a primeira das quince rutas descritas en 1996, porén esta foi máis unha decisión política que técnica, xa que China pechou a súa fronteira aos estranxeiros en 1949

A maior parte dos intentos de ascensión realízanse entre abril e maio, antes de que comece o verán, a estación dos monzóns. Isto débese a que un cambio nas corrente en chorro nesa época do ano reduce a velocidade media do vento en altas cotas da montaña. A pesar de que tamén se realizan intentos despois dos monzóns (en setembro ou outubro) a neve depositada polo monzón e o clima menos estabel fan a escalada máis complexa.

Aceso en helicóptero[editar | editar a fonte]

O 14 de maio de 2005 o piloto francés Didier Delsalle aterrizou cun helicóptero Eurocopter modelo AS 350 B3 no cumio do Everest. Permaneceu alí durante dous minutos, coa engalaxe posterior sentou a marca mundial de engalaxe con helicóptero dende o punto máis elevado.

Masificación[editar | editar a fonte]

Na actualidade o monte Everest e un centro turístico de importancia mundial, atraendo cada ano miles de persoas, podendo emprender a ruta de ascenso ao cumio nun mesmo día 234 persoas. Esta masificación comporta varios problemas como o de pelexas a máis de 6.000 metros de altura polo uso das cordas ancoradas na parede da montaña, roubos e sobre todo a acumulación de lixo en zonas de difícil aceso como é o cumio do Everest.

Por estas razóns no ano 2014 o goberno nepalí lexislou ao respecto, decretando que todo aquel que ascenda á montaña deberá recoller e descender con oito quilogramos de lixo, así mesmo creou un posto de seguridade cun pequeno corpo formado por membros do exército, policía e policía armada nepalís[2][3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]