Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia é un galardón literario instaurado no ano 2001 pola corporación do xornal La Voz de Galicia, contando co patrocinio de Ámbito cultural de El Corte Inglés.[1] Recupera a publicación de novelas por entregas na prensa escrita, moi común desde o derradeiro cuarto do século XIX até xa moi entrado o século XX.[2]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O precedente de devandito premio é o concurso de narrativa curta "Relatos de verán" que comezou no ano 2000, podendo participar calquera persoa con relatos inéditos tanto en galego como en castelán,[3] escollendo semanalmente os lectores mediante votación por correspondencia os seus relatos preferidos.[4] Tucho Calvo tamén publicou ao longo do mes de agosto dese ano unha novela por entregas nas páxinas de La Voz de Galicia, O xabaril branco; meses máis tarde apareceu publicada pola editorial Ir Indo en forma de libro con ilustracións de Miguelanxo Prado.[2][5]

Bases do concurso[editar | editar a fonte]

O premio está aberto á participación de tódalas persoas que presenten unha novela inédita en galego e que non opte a outros certames, a temática é libre e deben estar estruturadas en 31 capítulos –un por cada día de agosto– axustándose cada capítulo a 3 500 caracteres, cumprindo as características dunha narración por entregas. Unha vez aberto o prazo para a súa presentación, os orixinais poden envíanse por correo ordinario ou por correo electrónico desde a data da convocatoria até mediados do mes de xullo.[3] Un xurado designado pola organización selecciona tres finalistas candidatos ao galardón de entre tódolos textos recibidos, a novela vencedora obtén unha dotación económica e publícase no xornal durante o mes de agosto.[6]

Gañadores[editar | editar a fonte]

A novela gañadora de entre as tres finalistas dáse a coñecer no transcurso dunha cea literaria, á que asisten diversas personalidades da cultura[7] e á que deben acudir os autores, especialmente os tres finalistas. O nome dos autores permanece oculto baixo o segredo da plica, que só se abre perante os asistentes desvelando publicamente o vencedor.[8] A dotación económica do premio ascendeu desde os 6 000 no ano 2001[1] até 10 000 € en 2017.[3]

A obra gañadora publícase diariamente ao longo do mes de agosto[6] de forma capitular nas páxinas do xornal La Voz de Galicia e mais na súa edición dixital.[3] O mesmo ano edítase a obra en formato libro, coa devindicación habitual de dereitos de autor.[1] A primeira novela gañadora foi publicada pola editorial Ir Indo, á que se sumaron nas seguintes edicións Xerais, Sotelo Blanco, Biblos Clube de Lectores, Everest e Galaxia.

Edición Ano Autor Título Editorial Ilustracións Xénero
I2001 Marilar Aleixandre Unha presa de terraIr IndoMiguelanxo PradoPolicial

O cadáver dunha muller aparece nun ascensor, ademais das pescudas policiais, unha detective privada vai investigalo caso.[9] 

II2002 Miguel Suárez Abel O repenique de Beatriz GondarIr IndoNorberto FernándezMisterio

Mario, un mozo estudante de historia en Santiago de Compostela, coñecerá a unha enigmática muller que modificará por completo a súa vida.[7] 

III2003 Xosé Antonio Perozo Caderno de RipariaXeraisJosé MatalobosMisterio

Unha historia de amor mesturada co esoterismo na illa Riparia, nunha trama histórica de políticos que nos leva do presente ao pasado, á España de 1936.[10] 

IV2004 Ángel de la Cruz O descenso do derradeiro ocasoSotelo BlancoMisterio

Dúas reporteiras da Televisión de Galicia viaxan a unha vila da Raia, pretenden esclarecer un asasinato para presentalo nun programa de sucesos co fin de incrementar o índice de audiencia.[11] 

V2005 Carlos Freire Acio sanguentoXeraisPolicial

Un home desaparece durante nunha despedida de solteiro, a intriga aumenta cando ao día seguinte aparece morto o pai do desaparecido.[12] 

VI2006 Santiago Lopo Game OverBiblos Clube de LectoresNorberto FernándezIntriga

O mundo de Internet e dos videoxogos son un lugar fora da realidade nos que se poden atopar certas semellanzas co País das marabillas de Alicia.[13] 

VII2007 Concha Blanco Habitación 202EverestMisterio

Un licenciado xornalista comeza a recibir visitas dun ser que parece chegar do alén, conseguindo alterarlle o ritmo da súa vida cotiá.[14] 

VIII2008 Emilio Alonso Pimentel MercurioXeraisPolicial

Un expolicía exerce como criminólogo, famoso grazas á televisión.[15] 

IX2009 Alberto Ramos Con acuse de reciboBiblos Clube de LectoresJuan Carlos AbraldesIntriga

Persoas normais teñen que afrontarse á ruptura do cotiá para poder continuar cara adiante.[16] 

X2010 An Alfaya Via secundariaXeraisJuan Carlos Abraldes

Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva que marcará un punto de inflexión na vida das persoas que participan no suceso.[17] 

XI2011 Diego Ameixeiras Historias de OregónXeraisPolicial

Unha moza brasileira desaparece en Oregón e posteriormente aparece morta a tres quilómetros da ponte do Bibei, a investigación céntrase nas persoas relacionadas coa vítima.[18] 

XII2012 Fran Alonso A punta de pistolaXeraisPolicial

Un delincuente de pouca monta e a súa muller acoden a ver aos seus fillos baixo a tutela dos servizos sociais mais aproveitan a oportunidade para secuestralos. Paralelamente, conta a historia dunha camioneira emprendedora que conduce e escribe nun blog.[19] 

XIII2013 Francisco Castro Veloso O corazón da branca de neveGalaxiaPolicial

O inspector Hermida intenta atopar unha bebé roubada a unha rapaza emigrante. A historia trata o tema das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos.[20] 

XIV2014 María Reimóndez A dúbidaXerais

Unha muller sofre un conflito psicolóxico cando descobre que o seu marido é acusado de abusos sexuais contra un menor.[21] 

XV2015 Arantza Portabales SobrevivindoGalaxiaJuan Carlos AbraldesIntriga

Val Valdés é unha muller que se converte en gañadora dun programa de telerrealidade no ano 2000, o que a transforma nunha persoa rica que apenas ten vida privada.[22] 

XVI2016 Blanca Riestra Noire CompostelaGalaxiaJuan Carlos AbraldesPolicial

O inspector Touriñán e os axentes especializados están a investigar os delitos cibernéticos que acaban de descubrir.[23] 

XVII2017 Fran Fernández Davila A senda de salGalaxiaJuan Carlos AbraldesHistórica

Un vello mariñeiro de Vigo lévanos cos seus relatos aos tempos da segunda guerra mundial.[24] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Máis de trinta obras compiten polo premio de novela por entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 22-05-2001. Consultado o 10-04-2019. 
  2. 2,0 2,1 Ponte Far, José Antonio (20-01-2001). "O xabaril branco". La Voz de Galicia. Consultado o 10-04-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "La Voz convoca o 17.º Premio de Novela por Entregas". La Voz de Galicia. 14-06-2017. Consultado o 10-04-2019. 
  4. "O Concurso de Relatos de Verán de La Voz supera xa os 600 orixinais". La Voz de Galicia. 12-08-2000. Consultado o 10-04-2019. 
  5. "La novela «O xabaril branco» podrá ser bajada de Internet desde hoy". La Voz de Galicia (en castelán). 23-10-2000. Arquivado dende o orixinal o 01-12-2017. Consultado o 10-04-2019. 
  6. 6,0 6,1 "O Premio de Novela por Entregas de La Voz xa ten finalistas". La Voz de Galicia. 04-07-2016. Consultado o 11-04-2019. 
  7. 7,0 7,1 Conde, María (11-04-2003). "Suárez Abel encomia a recuperación da novela por entregas en La Voz". La Voz de Galicia. Consultado o 10-04-2019. 
  8. "O Premio de Novela por Entregas de La Voz conta con tres finalistas". La Voz de Galicia. 01-07-2004. Consultado o 11-04-2019. 
  9. Ocampo Vigo, Eva (29-10-2002). "O libro «Unha presa de terra», de Marilar Aleixandre, foi gañadora do premio de novela por enregas de La Voz". La Voz de Galicia. Consultado o 09-04-2019. 
  10. "Xosé Antonio Perozo gaña o terceiro Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 21-07-2003. Consultado o 11-04-2019. 
  11. "Ángel de la Cruz gaña o cuarto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 22 de xullo de 2004. Consultado o 11-04-2014. 
  12. "Carlos Freire gaña o quinto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 14-05-2005. Consultado o 12-04-2019. 
  13. "Santiago Lopo gaña o sexto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 13-07-2006. Consultado o 22-05-2019. 
  14. "Concha Blanco asinou en Cee exemplares da súa última obra" (pdf). La Voz de Galicia. 13-08-2008. Consultado o 13-04-2019. 
  15. "La Voz publica a partir de mañá os Relatos de Verán e a novela por entregas". La Voz de Galicia. 31-07-2008. Consultado o 13-04-2019. 
  16. "Alberto Ramos presenta «Con acuse de recibo», novela gañadora do premio por entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 19-05-2010. Consultado o 13-04-2019. 
  17. "«Vidas cruzadas», de An Alfaya, gaña o Premio de Novela por Entregas". La Voz de Galicia. 21-07-2010. Consultado o 13-04-2019. 
  18. "Diego Ameixeiras gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 08-07-2015. Consultado o 13-04-2019. 
  19. "Fran Alonso gaña o XII Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 18-07-2012. Consultado o 13-04-2019. 
  20. "Francisco Castro gaña cunha historia de intriga o Premio de Novelas por Entregas de La Voz". 12-07-2013. Consultado o 13-04-2019. 
  21. "María Reimóndez gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 21-08-2014. Consultado o 13-04-2019. 
  22. "Arantza Portabales gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 15-07-2015. Consultado o 13-04-2019. 
  23. "Blanca Riestra gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". Voz de Galicia. 08-07-2016. Consultado o 13-04-2019. 
  24. Lamas, Jorge (30-11-2017). "Galaxia edita «A senda de sal», premio de novela por entregas de La Voz 2017". La Voz de Galicia. Consultado o 13-04-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]