Luz Beloso
Luz Beloso | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de maio de 1968 |
Monforte de Lemos | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
Ocupación | mestra e ilustradora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luz Mª Beloso Rodríguez, coñecida como Luz Beloso, nada o 17 de maio de 1968 en Monforte de Lemos, é unha profesora, pintora e ilustradora galega.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Belas Artes, especialidade de pintura, na Universidade de Salamanca[2], exerceu de profesora de Educación Plástica e Audiovisual en Galicia desde 1993 no IES As Barxas de Moaña e desde 2019 como profesora de Artes no IES María Soliño de Cangas.
Impartiu obradoiros, cursos de formación a profesores e palestras sobre proxectos e experiencias de aula en diferentes eventos e encontros educativos: SIMO, Culturgal, Curso de Arte e Educación no “Centro Galego de Arte Contemporánea”, Escola TIC CAFI, xornadas Espiral colegio Base...[3]

Pintora e ilustradora[4], participou en numerosas exposicións nacionais[5] e internacionais, como Luz Beloso. Exposición, MITCFC de Cangas, xullo 2020.[6]
Ilustradora[editar | editar a fonte]
- Alcuños de Redondela (2003). Francisco Sobral. Ed. Cardeñoso. Con Juan Sicilia. ISBN 84-8190-285-3.
- Hada Esther (2013). Olga Lalín e Esther Medraño. Editorial UNO. ISBN 978-8415788881.
- O cullarapo Croque (2013). Miguel Ángel Alonso Diz. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-8415164845.
- A nena á que non deixaban ser feliz (2014). Miguel Ángel Alonso Diz. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-8415164883.
- O soño de Esther (2014). Miguel Ángel Alonso Diz. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-8415164890. El sueño de Esther, Nova Galicia Edicións.
- O valente coello que quixo soñar (2015). Miguel Ángel Alonso Diz. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-8494388118.
- Mel, Unha mosca agradecida (2016) -libro+CD-. Miguel Ángel Alonso Diz. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-16879-21-2.
- A soidade das medusas (2016). Iria Collazo. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9151-019-2.
- María Vinyals. Un talento rebelde (2018). Isabel Blanco. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-7-1.
- As receitas de Rosaura (2018). Isabel Blanco e Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-4-0.
- Rosaura e o mar (2018). Isabel Blanco e Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-5-7.
- Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018). Isabel Blanco e Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-8494695988.
- Piratas no recreo (2018). Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-9-5.[7]
- Caca, culo, pedo, pis (2018). Carmen Gil e Luz Beloso. Editorial Okapi. ISBN ISBN 978-84-17327-11-8.[8]
- A casa do paralelo 54 (2019). Iria Collazo. Editorial Galaxia. 226 páxs. ISBN 978-84-9151-299-8.[9]
- A nena e o grilo máis aló (2019). Magín Blanco. Editorial Galaxia. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-309-4.[10]
- ¿Dónde va Vicente? (2019). Carmen Gil e Luz Beloso. Okapi libros. 42 páxs. ISBN 978-84-17327-14-9. [11]
- Teño oito anos e quero ser youtuber (2020). Xoán Babarro González. Editorial Galaxia. 156 páxs. ISBN 978-84-9151-428-2.
- Unha folla vermella (2020). Con Miguel Ángel Alonso Diz. Álbum ilustrado de edición numerada e limitada a 300 exemplares no que, cunha soa voz, fan unha reflexión crítica sobre o proceso de creación. ISBN 978-84-09-20094-8.
- O enigma do baúl pechado (2020). Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-84-9151-553-1.[12]
- Non te amola! (2021). Xela Arias (póstumo). Editorial Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9151-604-0.
- A fuga de Guillermo (2021). Helena Villar Janeiro. Galaxia. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-610-1.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premios á ilustración
- 2º Mellor ilustrador no ano 2015 por Fervenzas Literarias, 2º Mellor Ilustrador o ano 2016 por Fervenzas Literarias, 3º Mellor Ilustrador no ano 2014 por Fervenzas Literarias.
- O soño de Esther, finalista nos premios, "Isaac Díaz Pardo" ao mellor álbum ilustrado galego do 2014; finalista no premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil 2014; 4º mellor portada LIX e 3ª mellor libro de literatura infantil do 2014 en Fervenzas Literarias
- O valente coello que quixo soñar 4º posto como Mellor capa LIX por Fervenzas Literarias; Finalista no Premio Frei MartínSarmiento no 2016.
- A soidade dás medusas, 2º Mellor capa infantil/xuvenil.
- Mel, Unha mosca agradecida, 3º Mellor capa infantil/xuvenil
- 3º posto ao mellor ilustrador/a do ano 2017 segundo os/as lectores/as de Fervenzas Literarias
- Premios educativos
- Premio nacional CreArte polo Ministerio de Cultura en 2011, por EDUCORTOS, el recurso del lenguaje cinematográfico en el aula de Plástica.
- Premio no 2012 pola mellor iniciativa TIC, na revista Educación 3.0 polo proxecto audiovisual Historias de un cuarto de baño.
- Premio FUNDACIÓN EDUCA BARRIE por: ‘Barxas Emprende: Productora audiovisual’ do IES As Barxas en Moaña (Pontevedra). Docentes: María José Soto Lorenzo, Luz María Beloso Rodríguez (2013).[13]
- Tercero premio de innovación Educativa Fundación GSD innova por: ‘Barxas Emprende: Productora audiovisual’ (2012).[14]
- Peonza de Oro por Espiral Edublogs no 2015 por EDUCORTOS .
- Finalista en 2016 no 1º Premio HIARES, Arte y Cultura, polo proxecto Audiovisual Aul@animada.
- Premio á Innovación Educativa en SIMO Educación 2016 polo Mellor Proxecto TIC Audiovisual, e Primeira mención honorífica pola Fundación GSD de innovación educativa polo proxecto audiovisual Superhéroes y superheroínas.
- FINALISTAS no "Premio Escuelas para la Sociedad Digital 2015‘ Fundación telefónica: "creación de una editorial, Barxilón" (coordinado xunto a Mª José Soto). 2015.[15] E tamén PREMIO FUNDACIÓN COLEGIO BASE 2015. E "PREMIO a la innovación EDUCATIVA de la Plataforma Proyecta, 2015, promovida por la Fundación Amancio Ortega y la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre".
- PREMIO á innovación da Plataforma Proxecta, promovida pola Fundación Amancio Ortega e la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre: "Transformando realidades" 2016, (con Mª José Soto).[16]
- Finalista na categoría de Educación Secundaria nos Premios Educa Abanca 2017.[17]
- 2017. INEVERY CREA. Premio na 4º edición de Orgullo TIC por + Arte, proxecto audiovisual "Caranguexo Films" da área de Educación Plástica e Audiovisual do IES as Barxas.
- 2017. 2º PREMIO nacional na V Edición dos Premios GSDInnova polo proxecto "TRANSFORMANDO REALIDADES".[18]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Luz Beloso". belaguaedicione.com. Arquivado dende o orixinal o 02/12/2018. Consultado o 02/12/2018.
- ↑ "Sobre min". luzbeloso.jimdo.com. Consultado o 02/12/2018.
- ↑ "Luz Beloso". ed.aulablog.com. Arquivado dende o orixinal o 02/12/2018. Consultado o 02/11/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Luz Beloso". cadernodacritica. Consultado o 02/12/2018.
- ↑ "Exposición ALONSOBELOSO "Taller de imaxinación" en Apo'strophe Sala de Arte". plazaeliptica.com. Consultado o 02/12/2018.
- ↑ "MITCFC - Luz Beloso. Exposición". www.mostrateatrocangas.gal. Consultado o 2020-07-05.
- ↑ Alonso Diz, Miguel Ángel; Beloso, Luz (2018). Piratas no recreo. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-9-5.
- ↑ "Caca, culo, pedo, pis". okapilibros.com. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "A casa do paralelo 54". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "A nena e o grilo máis aló". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ "¿Dónde va Vicente?". okapilibros.com. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ "O enigma do baúl pechado". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-11-26.
- ↑ "As Barxas se lanza al mundo audiovisual". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-24.
- ↑ "El proyecto de la productora audiovisual del IES As Barxas, tercer premio de la Fundación GSD de Innovación". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-24.
- ↑ Observatorio (2015-11-10). "Innovación multimedia con el corazón: IES As Barxas - Observatorio Profuturo". Observatorio (en castelán). Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "InspiraTICs. III CONCURSO PROYECTA INNOVACIÓN". InspiraTICs (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "Finalistas en la categoría de Educación Secundaria: Luz Mª Beloso Rodríguez". mundoeduca.org. Consultado o 02/12/2018.
- ↑ "Premio a la educación artística del IES As Barxas". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-30.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luz Beloso ![]() |