Apeadoiro de Elviña-Universidade
| Apeadoiro de Elviña-Universidade | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Estado de uso
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de plataformas
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situado na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade de Elviña e principalmente ao campus da Universidade da Coruña.
Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008 tivo un tráfico de 6.000 pasaxeiros, o que equivale a uns 16 pasaxeiros diarios de media. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban esta estación anualmente.[1]
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]O apeadoiro atópase no punto quilométrico 547,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións do Burgo-Santiago e A Coruña. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
A estación
[editar | editar a fonte]Foi inaugurada en outubro de 2002, aínda que non entrou en funcionamento ata xullo de 2003.[3] Foi concibida para dar servizo ao Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Para iso construíuse un sinxelo apeadoiro dotado dun refuxio e unha plataforma de 150 metros de longo.[3] Unha única vía accede ao mesmo. En total o investimento alcanzou os 480.000 euros.[3]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 10 de setembro de 2020.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
| 5 | MD | A Coruña | <> | Ferrol |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ R. D. Rodríguez (2018-01-14). "El apeadero del tren del campus de Elviña moviliza menos de mil usuarios al año". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2018-10-08.
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 O apeadoiro máis exclusivo La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.

