Zas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
actualizo demografía e ordeno seguindo Wikipedia:Modelo de concellos
Caronium (conversa | contribucións)
→‎Patrimonio: actualizo info da festa da carballeira
Liña 189: Liña 189:
Entres os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a [[Igrexa de Gándara]] (románica), a [[Igrexa de Lamas]] (cunha [[ábsida]] [[Renacemento|renacentista]] e unha nave [[Barroco|barroca]]), e a [[Igrexa de Zas]] (de 1540).
Entres os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a [[Igrexa de Gándara]] (románica), a [[Igrexa de Lamas]] (cunha [[ábsida]] [[Renacemento|renacentista]] e unha nave [[Barroco|barroca]]), e a [[Igrexa de Zas]] (de 1540).


Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música [[folk]] da [[Festa da Carballeira]], que en [[2008]] celebrou a súa XXV edición.
Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música [[folk]] da [[Festa da Carballeira]], que en [[2019]] celebrou a súa XXXVI edición.<ref>{{Cita web|título=XXXVI Festa da Carballeira (2019)|url=https://www.festadacarballeira.com/portfolio/xxxvi-festa-da-carballeira-2019/|páxina-web=Festa da Carballeira de Zas|data-acceso=2021-05-23|lingua=gl-ES|apelidos=Santi74bb}}</ref>


Zas conta co museo do [[liño]], no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun [[museo vivente]] onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.<ref>{{cita web|url=http://www.concellodezas.org/turismo/museo-del-lino/es|título=Museo del lino|lingua=es|data-acceso=11 de setembro de 2018}}</ref>
Zas conta co museo do [[liño]], no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun [[museo vivente]] onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.<ref>{{cita web|url=http://www.concellodezas.org/turismo/museo-del-lino/es|título=Museo del lino|lingua=es|data-acceso=11 de setembro de 2018}}</ref>

Revisión como estaba o 23 de maio de 2021 ás 22:23

Coordenadas: 43°05′59″N 08°54′59″O / 43.09972, -8.91639

Zas
Bandeira de Zas
Escudo de Zas
Casa do concello de Zas.
Situación
Xentilicio[1]zaseiro/zaseira
salense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Soneira
Poboación4.308 hab. (2023)[2][3]
Área133,29 km²[3]
Densidade32,32 hab./km²
Entidades de poboación16 parroquias[4]
Capital do concelloZas
Política (2019[5])
AlcaldeManuel Muíño Espasandín (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 8
PPdeG: 3

Eleccións municipais en Zas
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes92,40%
Na rede
www.concellodezas.org
Facebook: concellozas Twitter: TurismoZas Instagram: concellozas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2020 tiña 4.393 habitantes[8] (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é zaseiro ou salense[9].

Xeografía

Situación

Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m). Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.

Parroquias de Zas

Demografía

Padrón municipal 2020 4.393 habitantes[8]
Menores de 15 anos 336 (7,65 %)
Entre 16 e 64 anos 2.533 (57,66 %)
Maiores de 65 anos 1.524 (34,69 %)
Evolución da poboación de Zas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.691 6.275 8.004 7.329 5.867 5.385 5.219 5.109 4.983 4.902 4.846 4.756 4.671 4.581 4.472 4.393
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[10] e INE[11].

Cultura

Toponimia

Amais do concello de Zas e da parroquia na que radica a súa capitalidade, Santo André de Zas, hai en Galicia outras dúas freguesías con ese nome: San Mamede de Zas (en Negreira) e San Xiao de Zas de Rei (en Melide).

Etimoloxía

Segundo a teoría máis estendida entre os investigadores, o actual nome de Zas procede do xermánico SALAS, plural de SALA (‘pazo, residencia principal’) e faría referencia a un asentamento humano. Esta forma evolucionaría a Saas, resultado dunha síncope do ele intervocálico tamén rexistrada noutros topónimos galegos actuais como Saa, Saamil ou Saavedra, e de aí, por contración do a duplo, converteríase en Sas (existen outros casos de Sas en Galicia, así como Sa, Samil ou Sasdónigas, de idéntica orixe). A escrita Zas respondería a unha ultracorrección do seseo explosivo propio das falas máis occidentais como a soneirense[12][13].

Con todo, o filólogo Paulo Martínez Lema, na súa tese de doutoramento sobre a toponimia de Bergantiños, Nemancos, Soneira e Xallas no tombo de Toxos Outos propón unha etimoloxía fitonímica a partir do latino SALIX (‘salgueiro’) na súa declinación en ablativo SALICE, nun proceso análogo ao dos topónimos Saceda e Sacido[14]. Esta hipótese encontra sustento no feito de que a forma documentada máis antiga, nos séculos XII e XIII sexa Saz, na que non hai pegada do suposto hiato resultante da síncope da consoante lateral. Tamén apoia esta teoría a aparición dunha referencia ao nome da parroquia como “Sn Andres de Sauces” de 1745, cando a forma Zas xa se estaba impoñendo na escrita, que podería deberse a un coñecemento da etimoloxía pola parte do escribán. Para explicar a ortografía actual, Martínez Lema pensa no fenómeno da metátese (Saz>Zas) ou, de novo, por ultracorrección do seseo[15].

Patrimonio

Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de Santo Adrián.

Ao sur do concello está a Ponte de Brandomil, da época medieval e construída segundo bases romanas.

Entres os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a Igrexa de Gándara (románica), a Igrexa de Lamas (cunha ábsida renacentista e unha nave barroca), e a Igrexa de Zas (de 1540).

Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música folk da Festa da Carballeira, que en 2019 celebrou a súa XXXVI edición.[16]

Zas conta co museo do liño, no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun museo vivente onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.[17]

Pazos

Economía

Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Zas.

Lugares de Zas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Zas vexa: Lugares de Zas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Zas".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Concello de Zas na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. 8,0 8,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Consultado o 2021-05-23. 
  9. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 62. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  10. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2021-05-23. 
  11. "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-23. 
  12. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Galaxia. ISBN 9788498650921. 
  13. "Zas | Allos con bugallos". Portal das Palabras. Consultado o 2020-09-14. 
  14. Martínez Lema, P. (2010): A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV), pp. 394-397. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
  15. Domínguez Rial, E. e Lema Suárez, X. Mª. (2017) Zas polo miúdo: ZAS, Santo André. pp. 6-9. Concello de Zas
  16. Santi74bb. "XXXVI Festa da Carballeira (2019)". Festa da Carballeira de Zas. Consultado o 2021-05-23. 
  17. "Museo del lino" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  18. Merino, María (14 de xaneiro de 2011). "El rico patrimonio de Zas". Turismo en Pueblos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.