Brandomil, Zas
Coordenadas: 43°00′36″N 8°55′36″O / 43.0099249, -8.9267745
Brandomil | |
---|---|
![]() | |
Concello | Zas[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 225 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Brandomil[1] é unha parroquia do concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 225 habitantes (129 mulleres e 96 homes), o que representa unha diminución con respecto o ano 1999. Ten sete entidades de poboación.
Historia[editar | editar a fonte]
A aldea de Brandomil serviu ó poeta galego Eduardo Pondal para pórlle nome ó heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos[2].
Xeografía[editar | editar a fonte]
Linda coas parroquias de San Tirso de Muíño e Santa María de Brandoñas no propio concello de Zas, e con San Cosme de Antes, San Mamede de Alborés, e Santo Tomé dos Vaos no concello de Mazaricos.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O termo Brandomil pola súa terminación aparenta formar parte do conxunto de topónimos de orixe xermánica (sueva), aínda que Moralejo Lasso, Martínez Lema, Cabeza Quiles, Lema Suárez e Evaristo Domínguez apuntan a un hidrónimo Grandimirum/Glandomiron céltico indoeuropeo prelatino.[3]
Festas[editar | editar a fonte]
Nesta parroquia celébranse 4 festas, o primeiro domingo do mes de xuño, o Santo Antonio, o 29 de xuño o seu patrón San Pedro, o 30 de xuño, o Santísimo Sacramento e o 29 de setembro, o San Miguel.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A ponte de Brandomil é do século XVI. As últimas teorías arqueolóxicas sitúan aquí o núcleo romano de Claudionerium [Cómpre referencia].
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Brandomil[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Brandomil no concello de Zas (A Coruña) | |
---|---|
Acalabanda | Brandomil | A Lagoa | Limideiro | Padreiro | Pudenza | Quintáns |