Ponte de Brandomil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ponte de Brandomil
Ponte de Brandomil - Zas - 01.jpg
Localización
RíoRío Xallas
ConcelloZas
ProvinciaA Coruña
Características
Construciónorixe romana (s. I). Construción actual: época altomedieval: século XI ou XII (restauracións no s. XVIII).
Lonxitude70 m
Ancho4,5 m
Tiporománico medieval (orixe: romana)
Materialcantaría (perpiaño de granito)

A ponte de Brandomil é unha ponte de pedra altomedieval que se atopa no lugar de Brandomil, na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao parecer, no lugar de Brandomil (topónimo de orixe sueva) en época romana existía un importante cruzamento de vías que comunicaba o norte da Gallaecia coa costa Finisterrae e o sur. A coñecida vía Per Loca Marítima (vía XX do itinerario de Antonino) pasaría polo lugar. Xusto á beira da ponte existía un castro galaico que daría lugar a un posterior asentamento romano, cunha casa-vila romana Grandimiro (Claudomerius), pertencente ao itinerario IV de Antonino. Os romanos tiveron interese en se asentar nesta zona polas achegadas minas de estaño do lugar de Limideiro. Isto xustifica a construción dunha ponte sobre o río Xallas.

A inicial ponte romana, da que non quedan restos, sería modificada arredor do século XI ou XII, canto toma a feitura que se conserva. No século XVIII foi lixeiramente reforzada.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Feita en cantaría de granito, nada fica da súa orixe romana. A ponte actual ergueríase sobre a antiga arredor do século XI ou XII. Consta de catro arcos de volta perfecta, tres deles cunha luz de 8,20 m, o cuarto máis pequeno. Os dous arcos centrais, sobre o río, teñen rosca dupla cuns 20 cm de beiril. As bóvedas e os tímpanos son de perpiaño. Os tallamares son triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo. Estes chegan até arriba formando apartadoiros. Consérvanse ben os peitorís e un treito de calzada.[2] Atópase en bo estado de conservación, xa que existe unha ponte paralela para o tránsito rodado.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LAREDO, X.L. e VÁZQUEZ EFRÉN, J.M. (1989): «Santa Comba, Zas», Deputación Provincial da Coruña.
  • Troiano Carril, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009