Saltar ao contido

Daneiro, San Cremenzo de Pazos, Zas

Daneiro
ParroquiaSan Cremenzo de Pazos
ConcelloZas
Coordenadas43°08′30″N 8°55′12″O / 43.141564127776, -8.9200661501634
Poboación2 hab. (2024)
[ editar datos en Wikidata ]

Daneiro é un lugar da parroquia de San Cremenzo de Pazos no concello coruñés de Zas da Comarca da Terra de Soneira. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller)[1].

Demografía

[editar | editar a fonte]

Na seguinte gráfica pode visualizarse unha forte diminución da poboación entre 1960 e 1970[1][2]:

Gráfica de evolución de Daneiro, San Cremenzo de Pazos, Zas entre 1900 e 2024

Isto débese a que neste lugar a estrutura socioeconómica do Antigo Réxime chegou até aínda mediados do século XX: nos anos sesenta o propietario do pazo e das terras de Daneiro obrigou os seus colonos a abandonar as terras que traballaban para así dedicalas a unha explotación madeireira (fundamentalmente de eucaliptos, aínda que coa excepción dun bosque de secuoias na beira esquerda do río do Porto), a cambio de indemnizacións[2][3].

Foron dous os lugares da contorna abandonados e desaparecidos por este último motivo: A Calabanda (tamén chamada A Pedra que Tangue) e A Cotela, ambos os dous na parroquia de San Cremenzo de Pazos[3].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Cremenzo de Pazos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Cremenzo de Pazos no concello de Zas (A Coruña)

Castro | Daneiro | Os Regos | San Cremenzo de Pazos | As Seixas

Desaloxados na década de 1960 por orde do propietario do couto de Daneiro: A Calabanda ou A Pedra que Tangue | A Cotela

Parroquias de Zas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-12-28.
  2. 1 2 Domínguez Rial, Evaristo; Lema Suárez, Xose María (2020). Zas polo miúdo (PDF). Concello de Zas. pp. 322–324.
  3. 1 2 Lema Suárez, Xosé María. "Toponimia de Zas". Real Academia Galega. Consultado o 2025-12-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]