Saltar ao contido

Conversa usuario:Caronium

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Caronium!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 18:57, 2 novembro 2007 (UTC)

Outro Saúdo de Benvida

[editar a fonte]

Benvido/a á Galipedia Caronium. Con certo retraso súmome ó saúdo de benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a tódolos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:36, 3 novembro 2007 (UTC)

Déixote tamén este link Help:Fusionar páxinas, que seguro que axuda máis ca eu. Un saúdo, e parabéns polo traballo. AlberteSi, digame? 19:08, 7 novembro 2007 (UTC)

Ola, interesante a agrupación de consellos en User:Caronium#A facer se estou/estás aburrido, talvez se debería poñer en wikipedia-axuda ou algun sitio deses para facilitarllo aos que queiran colaborar sobre concellos, e entón poñer un link no template de concellos en progreso. Bo traballo.---- Maañón00 (o que ho?) 13:23, 11 novembro 2007 (UTC)


Ola de novo. Sinceramente, moitas grazas polas tuas palabras, danme novos brios para seguir nisto. Falando de "novos brios", vexo que entraches con ánimos e que avanzas a velocidade de cruceiro no dos concellos (cruceiro dos que voan, jeje). Viñeche ao lugar axeitado se che gusta traballar, abondan as terras fecundas que ainda nunca foron labradas. O da creacion de sub-paxinas: moi facil, poste na túa páxina e engades á direccion que figura "/oquesexa" e xa está; proba e se che falla algo dimo, sin problema, pregunta canto queiras. Ah: o do sentido do humor que me atribúes é en parte froito das circunstancias (prefirín usar a retranca en vez de dicir que chove :-) ).---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 11 novembro 2007 (UTC)

cores & trocos

[editar a fonte]

Ola de novo, bon traballo de recopilacion concellistica!. Se o tes en excell, estaría interesante porlle cores ás celas segundo a porcentaxe de falantes (se non tes tempo, ofrézome de voluntario). Vexo que ademais estás a traballar no de Special:Whatlinkshere/Template:Coor , está ben pero creo que deberías pidir na Taberna se hai algún voluntario con bot aprobado que execute ese cambio pois sería sinxelo e é unha pena que o fagas á man. Pero bueno .. son opinións miñas .. e .. xa ves. Enfin, que ánimo e adiante---- Maañón00 (o que ho?) 15:24, 13 novembro 2007 (UTC)

Non hai de que!

[editar a fonte]

De nada meu! Para o que queiras, aquí ando :) --Banjo tell me 17:01, 15 novembro 2007 (UTC)

Castro Maior

[editar a fonte]

Que ben se ve o castro no google earth, unha circunferencia perfecta. Moi boa idea a de poñer as coordenadas nas observación, tomo nota. Grazas polo paseo castrexo, e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 12:59, 23 novembro 2007 (UTC)

saudos & excel

[editar a fonte]

Decateime agora de que non che respostei ao das follas excell: non teño eu tampouco claro como pasalo diretamente de excel a wiki, asi que ... non dixen nada :-). Pero a verdade é que estaría interesantísimo ver o mapa de zonas +- galegofalantes. Góstame o mapeado que estás a facer de parroquias, estou agardando impaciente a cando lle toque ao concello de Maañón, e enterarme por fin a onde chega cada parroquia. Por certo: os límites exactos de cada parroquia son oficiais? (é que mo preguntaron hai uns meses os dun club de caza (do club de caza do meu pobo, non da Galipedia, jeje), non sei para que asunto das lindes do couto. Bn traballo!---- Maañón00 (o que ho?) 16:57, 24 novembro 2007 (UTC)

Ola meu! Acabo de ver os mapas que fixeches das parroquias, mecachis!!: posme nun compromiso, os de fóra traballan mais ca min por Maañón!!!. Xa en serio: gustanme!, es unha fiera!!, grazas por lle dar prioridade, e si que é verdade que agora vou ter que completar un pouco os artigos Maañonistas. Con respecto ao d'O Barqueiro: a parroquia chámase Mogor, ainda que o nome "laico" actual sexa "O Barqueiro" , sendo "O Porto do Barqueiro", o lugar onde, efectivamente, se situa o porto do idem :-) (pero non teño "referencias", espero que non me borren isto). Acabo de ver varios gali-artigos ao respecto, pero están un pouco liados, se me deixan traballar amañarei o d'O Barqueiro . Alégrome que che gosten as referencias Maañónicas, agora tócache a ti co ptolemaico Caronium, jeje. Saúdos e grazas por darme moral en medio dowikimobbingtraballo galipedistico. Parabens polo traballo que estás a facer.---- Maañón00 (o que ho?) 21:02, 27 novembro 2007 (UTC)

Parabéns e mapas das parroquias

[editar a fonte]

Ola, 1º parabens polo traballo que estás a facer, é unha pasada, e como morro da envexa de que mañón teña o seu concello tan bonito, ;), poderías dicirme como se fan os mapas das parroquias ou botarme unha man para facer os do Concello de Cenlle en Ourense. Grazas anticipadas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 10:53, 2 decembro 2007 (UTC)

Grazas polo ofrecemento, despois da explicación, váloroo aínda máis pois véxome perdidiña nese programa, agardarei impaciente ao teu traballo, e grazas tamén por valorar o meu traballo, dásme moitos ánimos para seguir a traballar. :) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:21, 2 decembro 2007 (UTC)

Moitísimas GRAZAS , eu son de Osmo, e por fin vou poder poñelo. Mil Grazas. Alegrachesme o día, a semana, o mes... Moitos parabéns. Que chulo!!! ;) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:59, 3 decembro 2007 (UTC)

Deixeiche unha idea no talk de Osmo, a ver que me contas? Alma (fálame eiquí) 21:33, 3 decembro 2007 (UTC)

Cheguei fai un pouquiño, grazas pola ligazón e polos engadidos, estou por plantexar na comunidade de montes de Osmo facerche fillo adoptivo, ;), xa sabes estás convidado, situachésnos no mapa e por enriba lle engadiches os habitantes, moitas grazas, agora só me fai falla un metro grande para medilo a próxima fin de semana que vaia. :). Saúdos.Alma (fálame eiquí) 21:50, 4 decembro 2007 (UTC)

O placer é mutuo, por certo andiven a cavilar, ando moi liada co wikiproxecto dereitos humanos e recentemente incorporeime o de historia, pero cando entrei na Galipedia, o que andas a facer foi unha das cousas que máis me gustaba: facer os Lps dos lugares seguindo o nomenclator, incluir datos dos concellos, e agora co que estás a facer ti; que dirías de crear o Wikiproxecto:Galicia, para completar os datos nos concellos, engadir os modelos das parroquias cos teus mapas, completar os datos electorais que aínda non o están. O nome é só provisorio, xa me contarás. Pero penso que unha das cousas máis valiosas da Galipedia é precisamente o do tema dos concellos e das parroquias, cando recén chegas faiche ilusión atopar a túa, e escomezas por ahí a completar no que podes e sabes. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:13, 6 decembro 2007 (UTC)
Ola, estaba en Translatewiki e por iso semella que non ando por aqui, pero si, o nome que mais me gusta é o de Concellos de Galicia, e eu diría de facerlle o deseño ao estilo de como fixen eu co dos dereitos humanos pero cun estilo propio, diferente, :), e logo unha vez deseñado, e rematado, anuncialo en Novas para convidar a máis xente, porque cando entrei eramos mais dun os que andabamos fedellando cos concellos e era boa cousa animalos de novo a meterse no proxecto. Que dis, se queres pódese facer unha subpáxina dunha páxina miña ou túa onde traballalo e logo xa o colgamos como wikiproxecto. Que opinas? Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:35, 7 decembro 2007 (UTC)
  • Vale, pois creo a subpáxina e copio o código fonte básico do dos dereitos humanos pero xa cambiando a Concellos galegos. Cando grabe, saio e entras ti a modificar todo o que queiras, para non ter conflitos de edición, podemos poñer o marcador de en uso, e o quitamos cando cada un remate. Cambia todo o que queiras, trátase de que queden claros os obxectivos, os traballos e de facela atrativa visualmente. Saudos e vou a elo. Alma (fálame eiquí) 18:55, 7 decembro 2007 (UTC)
  • Gústache así?, porque estades a apuntarvos todos e teño que movelo para a páxina correcta porque non pode pender de min, ides meterme nun lio, je je. Se che gusta no básico, cólgoo e xa lle metes os engadidos que queiras, vale?Alma (fálame eiquí) 19:50, 7 decembro 2007 (UTC)
    • Grazas, xa o anunciei nas novas, o teu traballo é unha pasada. Parabéns de novo. E agora toca currar, ti vai recopilando datos estatísticos hoxe á noite, ;). Alma (fálame eiquí) 21:01, 7 decembro 2007 (UTC)

Categorías novas

[editar a fonte]

Creei Commons:Category:Maps of parishes of Lugo, Commons:Category:Maps of parishes of Pontevedra e Commons:Category:Maps of parishes of A Coruña para acoller as imaxes que fixeches. Non creei a da provinvia de Pontevedra porque non temos aínda ningunha imaxe. Grazas pola túa colaboración. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:29, 3 decembro 2007 (UTC)

  • Como mola actualizarse a través da Galipedia. Xa me intereso máis polo castro de Elviña. So quería decirche que gusto moito das túas actualizacións, e compartir contigo a idea de facer un modelo ou caixa, para os castros. O caso é que eu tentei facer o mesmo para castelos e quedou un pouco churro. Quizais sexa momento de propolo no wikiproxecto Historia e deseñar modelos para castelos, castros, pazos... coa axuda de todos. Pois iso, bo traballo o teu e tentarei propor algo na páxina de conversa do wikiproxecto historia ou na taberna. Un pracer o conicidir contigo nestes lugares. Saúdos., Lansbricae (Ti dirás) 20:11, 9 decembro 2007 (UTC)

Modelo:Castros

[editar a fonte]

Si que estaría ben si, e ao mesmo tempo facer tamén de pazos, xacementos romanos... e que todos teñan certas características comúns de deseño coas súas diversidades. Pero co modelo de castelos dinme conta que non dou feito algo ben feito. Quizais estaría iniciar unha conversa sobre estos modelos de patrimonio arqueolóxico a páxina de conversa do wikiproxecto historia e ver se entre todos deseñamos algo decentiño.

Outro tema distinto que tamén quería comentarche é que en pouco tempo o listado de castros de Galicia virialle moi ben unha columna máis de parroquia xa que o número de castros por concello é moi elevado na maioría dos casos. Incluindo as coordenadas dase a localización exacta, pero se quero consultar os castros dun concello, en moitos deles chegará un momento en que creo que vai haber demasiados. Pero ao tempo, só o comento para saber a túa opinión. Saúdos e a seguir facendo un bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 11:58, 12 decembro 2007 (UTC)

Modelo:Castros e Modelo:Castelo

[editar a fonte]

Por min encantado da vida. Usando o modelo Castelo atopeille varios problemas que quizais poidas valorar e resolver:

  1. O nome preferiría que fose o típico PAGENAME e non como agora que pon Castelo de e pónselle manualmente o resto, polo que non se adaptaría a nomes como Torres do Oeste, Torre de Doncos...
  2. A outra cuestión que non me convence de todo é que sempre en estilo actual e estilo orixinario marque o contido sempre como ligazón porque aparecen en bermello.

Iso que encantado. No de castros concordo completamente cos campos que falaches e non se me ocorre ningún. Supoño que cando se comecen a implementar aparecerán cousas novas. Esperarei con atención as túas probas. Un saúdo e ata outro momento. Lansbricae (Ti dirás) 13:04, 14 decembro 2007 (UTC)

Modelo:Castelo

[editar a fonte]

A conclusión que saco de isto é que eres dos filósofos da correcnte cínica. Agora si que é un modelo en condicións e non se lle poden por pegas ningunhas (ainda que supoño que ao usalo sempre haberá cousas a valorar de novo, isto sempre está en continuo cambio).

Co bo traballo que fixeches creo que xa podemos (podes jeje) seguir co dos castros. O aporte a maiores que podo facer é que ao mellor non lle quedaba mal unha cor marronciña clara (terrosa) porque os contidos xa os clavaras ti perfectamente ao meu entender. En definitiva, quen sabe sabe e o que non cala e aprende, e eu como son un tanto lingoreteiro opino de cando en vez. Parabéns e esperarei o teu traballo mentras homoxeneizarei os artigos de castelos e completalos algo (o que se poida). Unha aperta que a mereces. Ata outro momento. Lansbricae (Ti dirás) 00:36, 16 decembro 2007 (UTC)

Ola meu! grazas polos parabens, espero ter algo de tempo pra botar unha man no dos concellos. Polo de agora, escomecei polo meu, logo continuarei por outros. Estiven botando un vistazo ao modelo de Castro: vexoo ben, pero pensando nos de Portugal (si, un pouco ambicioso, hehe) o de comun.autonoma non o vexo (incluso sendo puristas mais ca parroquia sería freguesia ou algo parecido.. ) Talvez poñendo opcional o de comunautonoma e engadir outro opcional de país para Portugal?. Pois iso, ánimo e parabéns polo teu bon traballo en calidade&cantidade.---- Maañón00 (o que ho?) 13:47, 16 decembro 2007 (UTC)

  • Grazas a ti, porque si más das acóllome a elas e sigo a pedir. Paréceme ben as observacións de Maañón e creo que podería solucionarse poñendoo no de uso (que tamén se poden por feligresias ou paises), sen ter que cambiar nada máis supoño, se se decide usar esta caixa tamén para o resto, eu encantado, de castelos e castros. Castros de Portugal e Asturias xa hai algún e castelos de fora tamén. E mosteiros un montón deles galegos ?? Só engadir que desfruto vendo os cadriños como un idiota. Moitas grazas de novo e a seguir a verte nos anacos de tempo que poidas, un pracer. Lansbricae (Ti dirás) 21:58, 16 decembro 2007 (UTC)

Modelo Castro

[editar a fonte]

Ola, xa sei que é incrible, é unha vergoña non decatarme ata hoxe, pero estaba atarefada noutras cousas, noraboa, quedou chulísimo o modelo dos castros, acabo de velo e encantoume, a ver se despois de Nadal me poño a traballar duramente no wikiproxecto. Saúdos e Bo Nadal. Alma (fálame eiquí) 11:47, 19 decembro 2007 (UTC)

Ola meu, vexo que segues a traballar forte. Parabens polo teu traballo, rexo, forte, calado e serio. Grazas polos ánimos dados nas longas noites de pedra. BonNadal.---- Maañón00 (o que ho?) 15:52, 22 decembro 2007 (UTC)

Dioceses

Se a miña memoria aínda está dentro do meu cráneo e non me lembro mal, comentáronme na cea que andas a facer mapas de parroquias, a man. Queríache dicir que eu xenereinos automáticamente (v. parroquias ligadas dende modelo:Ribadeo e borrador en Usuario:Sobreira/Mapas) pero o tema de subilos está paralizado (se che interesa porqué, comproba se tes o correo-wiki activado e cóntocho en privado porque non é para contar en público). Se consideras que podemos coordinarnos, avisa. -- Sobreira (parlez) 00:47, 30 decembro 2007 (UTC)

  • Tes un correo. Por certo, dixéronme que calculabas as % de uso do galego a man. Queres automatizalo? -- Sobreira (parlez) 22:02, 30 decembro 2007 (UTC)

Casco de Leiro

[editar a fonte]

Espero que non te pillaran preso por insistir en sacarlle unha foto ao casco de Leiro. Creo que se te ven merodear varios días seguidos sospeitan. O dito espero que todo vaia ben. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:32, 26 febreiro 2008 (UTC)

Trátase de chuzarlle o nome automaticamente dentro para o que xa falamos. Sabes facelo dalgún xeito? -- Sobreira (parlez) 21:21, 14 abril 2008 (UTC)

Ola Caronium! vexo que estás a pór os datos sobre o censo do ano pasado, sabes se existen algún censo do uso do galego máis recente ao do 2001??--Hugo22 16:45, 17 maio 2008 (UTC). Grazas de todos os xeitos. Por certo, se tes moito traballo, cando queiras faime unha lista de concellos nos que che podo botar unha man e che axudo a completar os datos do censo 2007--Hugo22 22:35, 17 maio 2008 (UTC).

Desculpas

[editar a fonte]

Ola, Caronium. Metín a pata e pisei unha imaxe túa tentando corrixila. Pedín axuda a ver se podemos amañalo. Síntoo. A imaxe é [[Imaxe:Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz.png]]. --Xabier Cid Conversa 16:51, 2 xuño 2008 (UTC)

O Burgo, Culleredo

[editar a fonte]

Grazas, Caronium. Xa fixen as correccións oportunas nos dous artigos nos que incluín a cantiga de Ballesteros (Elviña e embriaguez). Déboche unha. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:15, 9 abril 2009 (UTC)

Nick Drake

[editar a fonte]

Boas, Caroium. Lémbrate de que tes o marcador Enuso neste artigo dende o mes pasado. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 18:25, 24 maio 2009 (UTC)

web de Teo

[editar a fonte]

ola Caronium! Graciñas polo aviso. Precipiteime ao facer o troco, e pensando que o normal sería que tivesen a mesma información (ou similar) nas dúas linguas, escusei mirar. Un millón de grazas por estares atento. Seguimos adiante! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:46, 8 setembro 2009 (UTC)

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

[editar a fonte]

Boas! Teño unha dúbida no artigo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia. Na sección "alcalde en maio de 2015" de cada concello estase a poñer o alcalde/esa resultante das eleccións de 2015, non é? É que me atopei con algúns que se corresponden coas pasadas eleccións de 2011, por exemplo: en Toques. Grazas de antemán e parabéns polas achegas! --Chairego apc (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 16:33 (UTC)[responder]

Grazas! --Chairego apc (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 16:55 (UTC)[responder]

Modelo en comparativa

[editar a fonte]

Boas, Caronium. Quitei as táboas de modelo en comparativa á mantenta precisamente polo que comentas, é información repetitiva, e as ligazóns a artigos sobre os partidos e os alcaldes elixidos aparecen embaixo. Dende o meu punto de vista, estas táboas non achegan máis información, son pouco prácticas cando se tratan de concellos con moitos partidos (aparecen, desaparecen e refúndanse partidos constantemente, e co tempo serían aínda menos útiles) e son máis visuais os gráficos. Como nalgunhas páxinas aparecen estas táboas e noutras non, penso que debería tenderse a homoxeneización (como estamos facendo coas cores e as gráficas) e optei por eliminalas. Creo que é algo que deberíamos aplicar a todos. Ti que pensas?? --Breogan2008 (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 12:09 (UTC)[responder]

Tendo en conta o que propós, penso que a mellor referencia é este artigo: Eleccións municipais en Pontedeume. É o máis completo e recolle ligazóns e datos de tódolos partidos en cada elección. Poderíamos telo como punto de partida para tratar de que o resto dos concellos sexan iguais. Como podes ver, o tema dos múltiples partidos na táboa inicial arranxouse colocándoos xuntos por bloques e queda feito un lío. Eu quitaríaa. Tamén quitaría as cores das táboas dos votos (gusto persoal estético e simplifica moito o traballo). Polo resto, para min é o modelo a imitar.--Breogan2008 (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 16:14 (UTC)[responder]
Paréceme perfecto. Por min tiramos adiante deste xeito. Por certo, onde consultas os datos?--Breogan2008 (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 19:48 (UTC)[responder]
Graciñas.--Breogan2008 (conversa) 30 de novembro de 2015 ás 20:07 (UTC)[responder]

Boas. Decateime de que o número de concelleiros do ano 2015 da táboa non coincide cos do modelo. Cal é o dato correcto? Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 16:44 (UTC)[responder]

Non hai de que. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 17:02 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)[responder]

Modelos das eleccións municipais

[editar a fonte]

Boas Caronium. Fixeime en que os modelos que os modelos de 1999 estaslles poñendo categorías de 2003. Xa cambiei algúns, pero é para que o teñas en conta nas vindeiras edicións que fagas. Bo traballo e un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de febreiro de 2017 ás 13:02 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)[responder]

Referencia sobre o dato de superficie de Galicia

[editar a fonte]

Boas, poderías revisar a referencia que puxeches no artigo de Galicia para o dato de superficie, xa que non liga correctamente. One2 (conversa) 23 de maio de 2021 ás 23:27 (UTC)[responder]