Saltar ao contido

O Allo, Zas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Allo
Pazo das Torres do Allo xunto cos seus hórreos.
ConcelloZas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′35″N 8°56′11″O / 43.15964, -8.93636
Poboación155 hab. (2020)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro do Allo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 155 habitantes (78 homes e 77 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome de Allo podería estar relacionado coa palabra aio, persoa ao servizo dun gran nobre, como o era a familia Rioboo, propietaria das Torres. Outros din que o topónimo podería vir da palabra latina angulus ao referirse a unha curva ou meandro que o Río Grande realiza nesta zona e delimita estas terras.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O pazo das Torres do Allo é un dos máis antigos de Galiza. Foi erguido sobre os restos dunha fortaleza mandada destruír polos Reis Católicos, e foi unha antiga propiedade do clan dos Riobó. Na actualidade é un museo, propiedade da Deputación da Coruña, no que se reproduce a vida nos pazos galegos.

Foi mandada construír polo fidalgo Gómez de Rioboo Villardefrancos na primeira metade do século XVI. A súa familia era procedente da parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños), e tiñan como soar primitivo o Poste da Penela, en Silvarredonda.

O edificio é de estilo renacentista, e consta de dúas torres e un longo corpo central que as une. Unha cornixa, da que sobresaen varias gárgolas, percorre toda a parte alta do edificio. As fiestras da parte alta das torres están adornadas con elementos do gótico final, e as máis próximas ao corpo central están enmarcadas por un arco conopial, complementando o conxunto os escudos e os balcóns.

Nos escudos represéntanse os símbolos das familias dos Rioboo (torre envolta en silveiras), dos Caamaño (piñeiro e lanzas), Seixas (cinco pombas), Losada (dous lagartos baixo unha lousa) e Figueroa (cinco follas de figueira).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Allo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Allo no concello de Zas (A Coruña)

O Allo | Casas Novas | A Cebola de Abaixo | A Cebola de Arriba | Os Muíños | Muriño | O Pombal | Regalados | Xerne

Parroquias de Zas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]