Alfoz: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición Etiquetas: Revertida edición de código 2017 |
mSen resumo de edición Etiquetas: Revertida edición de código 2017 |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
| totalgalego = 92,07 |
| totalgalego = 92,07 |
||
| web = [http://www.concellodealfoz.com/ www.concellodealfoz.com] |
| web = [http://www.concellodealfoz.com/ www.concellodealfoz.com] |
||
| |
|Alcaldesa=Efigenia Maseda Paz <ref>{{Cita web|título=Alfoz|url=https://www.fegamp.gal/concello/alfoz|páxina-web=www.fegamp.gal|data-acceso==11 de agosto de 2023|lingua=gl}}</ref><ref>{{Cita novas|url=https://www.elprogreso.es/articulo/elecciones-municipales-28m/alfoz-tendra-primera-alcaldesa-independiente-efigenia-maseda/202306162330421674037.html|xornal=El Progreso|título=Alfoz tendrá a su primera alcaldesa, la independiente Efigenia Maseda|data-acceso=11 de agosto de 2023|data-publicación=16 de xuño de 2023|lingua=es|nome=A.|apelidos=D.}}</ref>}} |
||
'''Alfoz''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca da Mariña Central]]. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|alfocego}} ou {{Dic|alfocés}}<ref>{{Versaleta|[[Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H.]]}} (2016): ''Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega'', páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7</ref>. |
'''Alfoz''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca da Mariña Central]]. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|alfocego}} ou {{Dic|alfocés}}<ref>{{Versaleta|[[Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H.]]}} (2016): ''Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega'', páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7</ref>. |
Revisión como estaba o 11 de agosto de 2023 ás 12:24
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Coordenadas: 43°31′42″N 07°24′50″O / 43.52833, -7.41389
Alfoz | |
---|---|
Castelo do Mariscal Pardo de Cela. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | alfocego/alfocega alfocés/alfocesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Central |
Poboación | 1.553 hab. (2023)[2][3] |
Área | 77,5 km²[3] |
Densidade | 20,04 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias e 162 lugares[4] |
Capital do concello | A Seara dende 1990 |
Política (2023 [5][6]) | |
Concelleiros | PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 3 Outros: VIA Alfoz 3 |
Eleccións municipais en Alfoz | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 92,07% |
Na rede | |
www.concellodealfoz.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alfoz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é alfocego ou alfocés[8].
Xeografía
Situación
O concello ten unha superficie de 78 km². Limita ao norte co concello de Foz, ao leste co de Mondoñedo, ao sur co de Abadín e ao noroeste co do Valadouro.
Orografía
Na xeografía de Alfoz percíbense dúas partes principais: no sur, unha zona montañosa na que están as serras de Toxiza e do Xistral (cunha altitude máxima de 1046 m); a segunda zona o val do río Ouro con terras fértiles e abundantes precipitacións. E, entre ambas, unha zona de transición onde as altitudes descenden por debaixo dos 250 m.
A altitude media oscila entre os 180 m de Lagoa e os 200 m de Mor, ata os montes Leboreiro con 672 m, Pico da Pena Muneite (674 m) ou monte Queimado (763 m). Outros cumios son Pena do Boi (600 m), o Arnela (452 m), A Frouxeira (427 m), Pedrouso (588 m), Pico da Pedra (637 m), Pico Silloso (574 m) e Táboa do Souto (354 m).
Hidrografía
O río Ouro nace na serra do Xistral. Afluentes seus son o Beloi e Covas (pola dereita), Ferreira e Bao (pola esquerda).
Clima
O clima é suave pola situación de abrigo que presenta o municipio respecto aos ventos reinantes. As temperaturas oscilan entre os 17 °C no mes máis quente e os 7,5 °C nos máis fríos. Este clima benigno favorece a vexetación dos seus vales, onde predominan as especies de repoboación como o piñeiro e o eucalipto.
Demografía
O concello de Alfoz ten 1.903 habitantes segundo o censo do 2014, e un movemento demográfico regresivo dende o censo de 1900. A densidade de poboación situábase en 2012 nos 25,92 hab./km². A taxa de natalidade é baixa (inferior ao seis por mil) e a taxa de mortaldade é alta (superior ao doce por mil). Por tanto, o crecemento vexetativo é negativo e a poboación ten un progresivo envellecemento, onde o 36,33 % dos habitantes son maiores de 65 anos.
Censo total 2014 | 1.903 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 138 (7,25 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.064 (55,91 %) |
Maiores de 65 anos | 701 (36,84 %) |
Evolución da poboación de: Alfoz - desde 1900 ata 2004 - | |||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1960 | 1981 | 1991 | 1995 | 2001 | 2003 | 2004 |
3.713. | 3.639. | 4.011. | 3.708. | 2.858. | 2.645. | 2.654. | 2.382. | 2.348. | 2.312. |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
Segundo o historiador José Villaamil Castro, o Castro de Ouro foi o antigo Burio, ou o despois chamado Ourio. Amor Meilán asegura como indubidable que o territorio do castro foi reedificado por Mamed Vistremiro, quen o herdara do presbítero Teodisedo. Á súa morte pasou a varios sobriños até que foi vendido, polos herdeiros arruinados, a Gutier Ganimir e, máis tarde, ao Bispo de Mondoñedo, Armentario (983 - 1011). Nesta época inícianse os litixios entre o concello e o prelado. Estes preitos foron resoltos pola Coroa no século XV a favor do concello. Xa na época de Don Sancho II (1065 - 1072), as diferenzas foron en aumento, estiveron resoltas momentaneamente polo acordo entre o bispo Álvaro I Gómez, o Concello e o Alcalde de Castro. Mais non todo queda aí. Un párroco da principios do século XX testemuñaba que estaba recollido na documentación (do ano 897) que no ano 747 a parroquia de San Vicente da Lagoa quedara en testamento ao entón bispo Odoario xunto coa Vila Centoia. En 1220 Afonso IX concedeulle a Alfoz o foro de Benavente.
O Castro de Ouro foi denominada naquel entón capital do concello, pero no ano 1990 trasladouse á Seara (no concello de Mor). O Castro de Ouro ten grande importancia na historia de Galicia, xa que nunha das casas da aldea foi preso, logo de varios anos de enfrontamento cos partidarios dos Reis Católicos, o Mariscal Pardo de Cela, quen estivo reducido na fortaleza da Frouxeira por Fernando de Acuña (primeiro gobernador dos Reis Católicos en Galicia). Alí resistiu até que, o día 7 de decembro de 1483, foi traizoado por Elvira de Muras e outros vinte e dous criados, abríndolle as portas da fortaleza a Don Lois Marcos Mudarra, capitán do exército que a cercaba. Feito prisioneiro é conducido até Mondoñedo, onde foi decapitado o día 23 do mesmo mes.
Xa no ano 1840 Alfoz disolveuse para ser integrado no concello do Valadouro, disolución que durou unicamente un ano, xa que no 1841 volvía a estar constituído. Finalmente, cabe salientar que o século XVIII foi para Alfoz unha centuria de notable prosperidade económica: aínda no ano 1787 funcionaban 99 teares cunha produción total de 4.066 varas. Igualmente, a agricultura, especialmente no sector vitícola, alcanzaba pola mesma data unha produción de 977 arrobas.
En Alfoz publicouse en 1907 o periódico El Guerrillero.
Cultura
Toponimia
A hipótese máis empregada é que o nome puidera proceder do árabe al-hawuz, que en galego medieval indicaba o territorio sobre o que tiña xurisdición unha vila ou unha cidade. Alfoz -antes terra chan do Val de Ouro (cf. o limítrofe concello do Valadouro)- é o nome co que se coñece o conxunto do termo municipal sen que corresponda a entidade concreta algunha.
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Vestixios arqueolóxicos: Castro de Lagoa en Lagoa; Pena Abaladoira no Pereiro.
Patrimonio arquitectónico
Dentro da arquitectura relixiosa existen neste concello bos exemplos:
- Os templos románicos das igrexas de Santiago de Adelán (s. XII).
- O gótico está presente na Igrexa de San Salvador de Castro de Ouro (s. XV).
- Xa pertencentes ao século XVIII a igrexa de Santa María de Bacoi, Capela dos Remedios, a igrexa de San Vicente da Lagoa (s. XVIII, aínda que hai documentos que a datan antes do ano 747), Santa María de Pereiro, San Sebastián de Carballido, capela de San Rosendo no Coto (s. XVIII) etc.
- Cruceiros: Cruceiros de Acivro, Arnela, Caxigueira, Faián e Outeiro.
Con respecto á arquitectura civil hai numerosos pazos e casas grandes:
- Pazos: Pazo de Carballido, Pazo de Basanta (s. XIV), Pazo de Allegue (s. XVIII), Casa do Pazo en Adelán, Pazo de Escoura, Pazo do Rizal, Pazo de Carrocide (s. XVIII), a casa grande de Cadeirido.
- Muíños: Muíño do Pazo en Carballido, muíño de Damián en Bacoi e o muíño de Salvaterra en Adelán
Mención á parte merecen, tanto pola súa importancia histórica como pola artística, o castelo do Castro de Ouro e a Torre de Adelán.
Etnografía
Festas e celebracións
Feiras:
- Feira do trece en Castro de Ouro (o día 13 de cada mes).
- Feira de Correlos (o primeiro mércores de cada mes).
- Feira de Santiago en Lagoa (o día 25 de xullo).
Festas e romarías:
- Santiago en Lagoa (o 25 de xullo).
- San Cristovo en Mor (o primeiro domingo de agosto; máis coñecida coma festa "dos Choferes").
- San Pedro (os días 29 e 30 de xuño) e as festas patronais (o día 12 de agosto).
- Nosa Señora en Bacoi (derradeiro domingo de xullo).
- San Sebastián en Carballido (os días 19 e 20 de xaneiro).
- A rapa das bestas no Pereiro-Guilfonso (a mediados de xuño).
- A Festa da Malla (que se celebra na Finca Galea).
- Mercado Medieval de Alfoz, (celebrado no Castro de Ouro, nos arredores do Castelo de Pardo de Cela).
Artesanía
A artesanía está representada na tradicional confección das típicas "zocas" e na cestería. En Lagoa ten o seu taller un dos zoqueiros máis importantes do territorio galego, Alberto Xeada, quen dispón dunha exposición das súas creacións no Museo da Zoca, no concello veciño de Mondoñedo. O seu modelo "Zoca Geada Fashion" foi presentado na semana da moda Mercedes Benz Madrid Fashion Week 2014.
Gastronomía
No referente á gastronomía, as troitas, o añogoto asado e o lacón son os pratos máis típicos.
Tradición oral
No apartado etnográfico, familiarizouse coa alma popular unha personaxe histórica e lendaria como é o Mariscal Pardo de Cela até tal punto que é difícil discernir entre a lenda e o feito histórico. Aínda así, quere a lenda que Pardo de Cela, señor da torre de Cela, A Frouxeira e outros lugares, apareza enarborando a cruzada dos Irmandiños en contra do centralismo dos Reis Católicos até que, sendo traizoado polos seus criados, que abriron as portas ao exército de Mudarra que cercaba a súa inexpugnable Torre da Frouxeira, foi feito prisioneiro co seu fillo e Pedro Miranda, e finalmente decapitados na praza da catedral de Mondoñedo, a pesar do indulto que xa conseguira a súa muller.
Economía
Sector primario
Nos últimos tempos, as explotacións agrarias son orientadas, sobre todo, ao autoconsumo. Nos últimos anos reduciuse amplamente a superficie de explotación..
Agricultura
Os principais cultivos son: millo, patacas, trigo e produtos hortofrutícolas alternados coas pradeiras.
Gandería
No sector gandeiro: gado bovino para a produción láctea (no 1995 había 1.924 cabezas) e porcino (401 cabezas no 1995), todos eles en pequenas explotacións. Hai tamén unhas 1.500 cabezas de gado cabalar, a maior parte en estado salvaxe. As hectáreas dedicadas a pasteiros permanentes son 921, fronte ás de labradío, que suman 444 hectáreas.
Silvicultura
A industria madeireira é actualmente o principal recurso económico deste concello debido á súa importante superficie arbórea, sobre todo de piñeiro e eucalipto. Esta materia prima transfórmase nos serradoiros que xeran moitos empregos e que están sendo modernizados e adaptados á nova tecnoloxía.
Industria
Outras empresas transcendentes son as relacionadas coa construción, os transformados metálicos, a montaxe de carrocerías e a extracción e procesado mineral.
Actualmente, desapareceu case por completo a industria téxtil, que no século XVIII comprendía 99 teares que fabricaban varas de lenzo para vender fóra de Galicia. Porén, aínda continúan activas varias costureiras repartidas por todo o concello, algunhas con afamada reputación e cuxa clientela se estende alén do territorio galego, como a modista Marisa Suárez no Castro.
Deporte
Dentro das múltiples actividades culturais e deportivas que se poden realizar neste concello destacan as rutas de sendeirismo como a Ruta Pardo de Cela que percorre tódolos lugares da Mariña vinculados co mariscal Pardo de Cela.
O ciclismo, tanto de ruta como de montaña, é un dos deportes emerxentes no concello nos últimos anos debido ás boas cualidades do terreo, atraendo ciclistas doutras localidades próximas.
O equipo de fútbol local, o Club Deportivo Alfoz[9], xoga actualmente en Segunda División Autonómica, logo de descender na tempada 2013-2014. Disputa os seus partidos como local no Campo de fútbol Municipal de Alfoz, inaugurado o 2 de agosto de 1981.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Alfoz.
-
Castelo do Mariscal Pardo de Cela
-
As nove parroquias que conforman o concello de Alfoz.
Parroquias
Lugares de Alfoz
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Alfoz vexa: Lugares de Alfoz.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Alfoz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ CD Alfoz
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfoz |
Ligazóns externas
- Toponimia de Alfoz (en galego)