Lagoa, Alfoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°31′N 07°26′O / 43.517, -7.433

Lagoa
SanVicenteLagoa.jpg
Igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa
Parroquia de Lagoa do concello de Alfoz.png
Concello Alfoz
Área 11,3 km²
Poboación 308 hab. (2014)
Densidade 27,26 hab./km²
Entidades de poboación 34

San Vicente de Lagoa é unha das nove parroquias do concello lugués de Alfoz. En 2004 tiña 387 habitantes, distribuídos en 34 entidades de poboación e 4 lugares, cunha densidade media de 34,2 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 308 habitantes, sendo 145 homes e 163 mulleres.

As entidades de poboación son As Abelairas (7), As Acernadas (24), Agrela (25), Auga Quente (5), A Azoreira (9), Beloi (21), As Campelas (abandonado), O Campo Verde (15), O Carballo Mariño (3), Carrocide (2), As Casas Vellas (6), O Castiñeiro (2), A Cruz (25), Os Currás (6), O Escairo (4), O Espadanal (5), Galán (7), Gavián (7), A Granda (20), A Igrexa (1), Lavanco (5), A Lomba (9), O Machuco (7), Maciñeira (abandonado), A Pinguela (13), A Ponte do Teixo (4), Ponte do Vao (2), Porto Dereito (8), A Ribeira (9), O Rizal (21), O Señorío (2), Sisto (26), O Souto (5) e Vao (3). Os lugares, que adoitan formar parte dalgunhas das entidades, son A Chafarica, Martille, O Plantío e A Viñavella.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co concello do Valadouro e coa parroquia de Mor; ao sur coas Oiras e O Pereiro; e ao leste con Adelán e As Oiras.

Historia[editar | editar a fonte]

O documento máis antigo que fai referencia á parroquia é un documento notarial datado en 1498. Segundo a testemuña do párroco da igrexa de Bacoi a principios do século XX, a parroquia de San Vicente de Lagoa debía existir arredor do ano 747, pois constaba en documentos do ano 897, como o testamento do bispo Odoario, xunto con outras freguesías.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A Igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa foi construída no século XVIII. Conta cunha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os dous lados da capela maior. A fachada principal ten porta co arco alintelado, unha xanela e unha imaxe do patrón, San Vicente. Arrimado ao muro dereito da nave sitúase un pórtico sostido por pilastras. Tamén ten unha torre de dous corpos xunto á fachada, con elementos arquitectónicos característicos do barroco. No seu interior consérvanse retablos con esculturas.

O Pazo de Carrocide está situado na aldea do mesmo nome. É unha propiedade privada, polo tanto, non visitábel. Situado ao longo da estrada, ten dous portalóns de entrada ao recinto e un arco de pedra con tres remates na parte superior. Posúe unha planta moi alongada formada por gran cantidade de corpos acaroados. Nun dos extremos presenta dúas torres; no outro, a capela. Todo o pazo está cuberto de lousa e posúe un par de gárgolas nas torres.

O Pazo de Rizal está na aldea que lle dá nome. É tamén propiedade privada, polo que tampouco se pode visitar. A leira ocupa unha gran chaira que noutros tempos chegaba até o río. A finca está rodeada por unha muralla de pedra, cunha portada con escudo. O edificio ten unha planta irregular e muros de cachotería enfoscados e enlucidos. Ten dúas ás de igual altura que o corpo principal de dúas plantas, a unha delas está arrimado o corpo que alberga a capela, que posúe un grande escudo de armas na entrada.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lagoa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz (Lugo)

As Abelairas | As Acernadas | Agrela | Auga Quente | A Azoreira | Beloi | As Campelas | O Campo Verde | O Carballo Mariño | Carrocide | As Casas Vellas | O Castiñeiro | A Cruz | Os Currás | O Escairo | O Espadanal | Galán | Gavián | A Granda | A Igrexa | Lavanco | A Lomba | O Machuco | A Maciñeira | A Pinguela | A Ponte do Teixo | Ponte do Vao | Porto Dereito | A Ribeira | O Rizal | O Señorío | Sisto | O Souto | Vao

Parroquias de Alfoz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]