Bacoi, Alfoz
Bacoi | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Bacoi | |
Concello | Alfoz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°33′00″N 7°23′00″O / 43.55, -7.3833333333333 |
Área | 3,44 km² |
Poboación | 174 hab. (2019) |
Densidade | 50,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab./km².
A parroquia ten unha superficie de 3,44 km², e limita coas parroquias de Carballido e O Castro de Ouro, ademais dos concellos de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Da aldea da Igrexa é o monumento máis rechamante desta parroquia; a igrexa parroquial de Santa María de Bacoi. O templo construíuse na primeira metade do século XVIII, ten unha planta de cruz latina, cruceiro con cúpula hexagonal sobre pendentes e sancristía detrás da cabeceira. Nas pendentes hai pinturas cos catro evanxelistas e na cúpula represéntase a Asunción da Virxe, todo do século XIX. A fachada é de cantería granítica, cun arco adintelado sobre a porta e espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bacoi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bacoi no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Canaledo | O Castrillón | Cima de Vila | A Costiña | Esmoriz | A Faia | O Gorvidal | A Igrexa | As Leas | A Milicroca | O Piñeiro | Rolle | Santo Antonio | O Vilar |
Parroquias de Alfoz
[editar | editar a fonte]