O Pereiro, Alfoz
O Pereiro | |
---|---|
Fervenza do Escouridal | |
Concello | Alfoz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′00″N 7°27′00″O / 43.48333333, -7.45 |
Área | 23,4 km² |
Poboación | 116 hab. (2014) |
Densidade | 4,96 hab./km² |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María do Pereiro é unha parroquia do concello de Alfoz. É a parroquia máis extensa do concello, e abrangue preto dun terzo da superficie de Alfoz. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (73 homes e 70 mulleres), mentres que en 2004 tiña 188 habitantes, cunha densidade de 8 hab./km². Ten 29 entidades de poboación.
Ten unha superficie de 23,4 km². Limita ao norte coa freguesía de Frexulfe (do concello do Valadouro), ao sur con Labrada (concello de Abadín), ao leste con Lagoa e As Oiras (concello de Alfoz), e ao oeste co Cadramón (no concello do Valadouro).
Patrimonio e historia
[editar | editar a fonte]A Pena Abaladoira é un monumento megalítico de orixe e data aínda incerta. Está sita no Monte da Cabalar, a uns 400 metros da estrada O Pereiro - Abadín.
A aldea de Bustelo aparece citada nunha doazón do rei Ordoño II.
Hai numerosas cruces e cruceiros espallados pola parroquia. Cabe destacar o Cruceiro das Candorcas (Acivro), o Cruceiro da Arnela (A Arnela), o Cruceiro da Caxigueira (A Caxigueira) ou o Cruceiro do Outeiro (O Outeiro).
Dende a estrada O Pereiro - Cadramón tamén se pode chegar á Fervenza do Río de Ouro (fervenza do Escouridal), de gran riqueza visual e natural.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Pereiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de O Pereiro no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Acivro | A Arnela | Boudón | Bustelo | A Cabanela | A Caxigueira | O Chao | A Costa | O Coto | Faián | Ferradás | Guilfonso | A Moa | O Outeiro | A Palloza | A Pena do Golpe | A Pesquita | O Pichín | A Ribeira | As Rozas | A Rúa | Rubeiro |
Parroquias de Alfoz
[editar | editar a fonte]