San Pedro de Mor, Alfoz
| Mor | |
|---|---|
Igrexa parroquial de San Pedro de Mor | |
| Concello | Alfoz[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°31′00″N 7°25′00″O / 43.51666667, -7.41666667 |
| Área | 3,66 km² |
| Poboación | 467 hab. (2020) |
| Densidade | 127,6 hab./km² |
| Entidades de poboación | 15[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz. No ano 2020 tiña 467 habitantes (225 homes e 242 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 127,6 hab./km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.
Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castro de Ouro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A primeira mención histórica desta parroquia data do ano 1164, cando o conde Álvaro e maila súa muller Sancha subscribiron unha escritura de cambio co bispo Pedro I e co prior, pola cal aqueles cedían a estes a igrexa de San Pedro de Mor e outras máis.
A parroquia ten un volume considerable de cruceiros.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Pedro de Mor
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Pedro de Mor no concello de Alfoz (Lugo) | |
|---|---|
|
O Barral | O Candaedo | Correlos | Couto de Baixo | Couto de Riba | O Fargallo | O Fontelo | A Igrexa | Liñar | A Rega | Santa Mariña | A Seara | Vilagabe | Vilaúde | Xordelo Non aparecen no Nomenclátor de 2003: O Amadelo |
Parroquias de Alfoz
[editar | editar a fonte]