Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina
|
| |||
| |||
| Asociación | Nogometni/Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine − N/FSBiH | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | BIH | ||
| Alcume | Zmajevi (Dragóns) | ||
| Clasificación FIFA | 48 (11 de xuño de 2020) | ||
| Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
| Seleccionador | |||
| Máis encontros | Edin Džeko (107) | ||
| Máximo goleador | Edin Džeko (58) | ||
| Estrea internacional Albania Tirana, Albania; 30 de novembro de 1995 | |||
| Maior vitoria Bosnia e Herc. Zenica, Bosnia e Hercegovina; 10 de setembro de 2008 Liechtenstein Vaduz, Liechtenstein; 7 de setembro de 2012 | |||
| Maior derrota Arxentina Córdoba, Arxentina; 14 de maio de 1998 | |||
| Copa do Mundo | |||
| Participacións | 1 (primeira en 2014) | ||
| Mellor resultado | Fase de grupos (2014) | ||
A Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina (bosníaco: Nogometna/Fudbalska reprezentacija Bosne i Hercegovine, en serbio: Фудбалска репрезентација Боснe и Херцеговинe, Fudbalska reprezentacija Bosne i Hercegovine, croata: Nogometna reprezentacija Bosne i Hercegovine) é o equipo representativo do país nas competicións internacionais oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina (Nogometni/Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine, N/FSBiH; Ногометни/Фудбалски Савез Босне и Херцеговине, Н/ФСБиХ), pertencente á UEFA. A selección naceu en 1995 tras o desmembramento de Iugoslavia. Antes dese evento, os xogadores bosníacos xogaban na selección iugoslava.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que a Asociación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina creouse en 1992, a selección nacional non debutou ata 1995, tras o fin da Guerra dos Balcáns. En 1996 a Federación bosníaca foi aceptada como membro da FIFA, o que permitiu ao combinado nacional disputar as eliminatorias de acceso á Copa Mundial de 1998. Xogou o seu primeiro partido oficial o 9 de setembro de 1996, perdendo por 3-0 ante Grecia. A primeira vitoria de Bosnia e Hercegovina chegou o 6 de novembro de 1996 nun encontro amigable contra Italia, que terminou 2-1. Tan só catro días despois chegaba a primeira vitoria en partido oficial, contra Eslovenia, por idéntico resultado.
Ata a data, a selección bosníaca non logrou a clasificación para a fase final en ningún evento internacional de importancia. Con todo, quedou ás portas de acceder á Eurocopa 2004, onde non clasificou por tan un gol de diferenza ante o seleccionado de Dinamarca. Na seguinte cita, a clasificadora para o Mundial de 2006, os bosníacos confirmaron a súa progresión. Aínda que non logrou clasificarse, Bosnia-Hercegovina terminou a terceira do seu grupo, con resultados de mérito como a súa vitoria sobre Bélxica ou o seu empate en España. A clasificación a un mundial sería acadada para a edición de 2014, onde caeron na fase de grupos.
Bosnia e Hercegovina nos Mundiais
[editar | editar a fonte]Copa do Mundo FIFA: Sen participación .
Eurocopa
[editar | editar a fonte]Eurocopa: Sen participación.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Máis aparicións
[editar | editar a fonte]
A 18 de novembro de 2019, os xogadores que máis encontros disputaron coa selección de Bosnia e Hercegovina son:
| # | Xogador | Período | Xogos | Goles |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Edin Džeko | 2007– | 107 | 58 |
| 2 | Emir Spahić | 2003–2018 | 94 | 6 |
| 3 | Miralem Pjanić | 2008– | 92 | 15 |
| 4 | Zvjezdan Misimović | 2004–2018 | 85 | 25 |
| 5 | Vedad Ibišević | 2007–2018 | 83 | 28 |
| 6 | Asmir Begović | 2009– | 62 | 0 |
| 7 | Haris Medunjanin | 2009–2018 | 60 | 9 |
| 8 | Senad Lulić | 2008– | 57 | 4 |
| 9 | Elvir Bolić | 1996–2006 | 51 | 22 |
| 10 | Edin Višća | 2010– | 50 | 10 |
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]A 18 de novembro de 2019, os xogadores que máis encontros disputaron coa selección de Bosnia e Hercegovina son:
| # | Xogador | Período | Goles | Xogos | Media |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Edin Džeko | 2007– | 58 | 107 | 0,54 |
| 2 | Vedad Ibišević | 2007–2018 | 28 | 83 | 0,34 |
| 3 | Zvjezdan Misimović | 2004–2018 | 25 | 85 | 0,29 |
| 4 | Elvir Bolić | 1996–2006 | 22 | 51 | 0,43 |
| 5 | Sergej Barbarez | 1998–2006 | 17 | 47 | 0,35 |
| 6 | Miralem Pjanić | 2008– | 15 | 92 | 0,16 |
| 7 | Elvir Baljić | 1996–2005 | 14 | 38 | 0,37 |
| 8 | Zlatan Muslimović | 2006–2011 | 12 | 30 | 0,40 |
| 9 | Edin Višća | 2010– | 10 | 50 | 0.20 |
| 10 | Haris Medunjanin | 2009–2018 | 9 | 60 | 0,15 |
