Federación Andaluza de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Andaluza de Fútbol
Afiliada á RFEF
Fundación1915
Sitio webhttp://www.faf.es

A Federación Andaluza de Fútbol (FAF) é o organismo xestor de todas as competiticións de fútbol en Andalucía, que ten a súa sede en Sevilla e delegacións no resto de capitais de provincia. Está integrada na Real Federación Española de Fútbol.

Ten a súa orixe na chamada Federación Novena de Football Clubs presidida por Francisco Javier Alba y Alarcón e fundada o 22 de febreiro de 1915, entidade organizadora dos diferentes eventos futbolísticos acontecidos na comunidade tras o auxe deste deporte na segunda década do século XX. Tras denominarse Federación Rexional Sur desde 1916 toma o seu actual nome o 17 de marzo de 1950.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Federación andaluza de fútbol (ed.). "Federación andaluza de fútbol, fundación". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]