Saltar ao contido

Copa de Feiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa de Feiras
Imaxe
Tipocompetición futbolística Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1955 – 1971 Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadasetembromaio Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición13 Editar o valor en Wikidata

A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa). A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e Zagreb[1]

A Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés[2][3] no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.[4]

O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.

A pesar que a idea inicial era que os participantes fosen seleccións de cidades, e non clubs destas cidades, a realidade desde o principio foi a contraria. Barcelona xa competiu na primeira edición con xogadores unicamente do FC Barcelona, e ata cunha vestimenta azul e grana. A maioría do resto de cidades tamén se representaron cos principais equipos da súa cidade, e non cunha selección de diversos equipos. O campión da primeira edición foi o Barcelona, que se impuxo en partido a dobre volta á selección de Londres (equipo afeccionado) por un total de 8:2.

Para a segunda edición introducíronse cambios. Concibiuse un torneo de duración menor, dous anos (1958/1960), no que os equipos xa se enfrontarían en eliminatorias, segundo sorteo, con partidos de ida e volta. Os participantes debían seguir sendo equipos pertencentes a cidades con feiras, pero xa non tiñan que ser seleccións da cidade, senón clubs. A partir da terceira edición (1961), a competición pasou a ser anual, e foi ampliando o número de equipos participantes ata superar os 60 nas súas últimas edicións. Desde 1968, os equipos pasaron a clasificarse pola súa posición nas ligas dos seus respectivos países.

Finalmente a UEFA tomou o control do torneo e decidiu substituílo por unha nova competición, cun novo trofeo e novas regras: a Copa da UEFA. A da tempada 1970/1971 foi, así, a última edición da Copa de Feiras. O 22 de setembro de 1971 disputouse un partido único para definir quen tería en propiedade o trofeo, entre o primeiro club que o gañou, o FC Barcelona, e o último campión, o Leeds United. Neste torneo, denominado Copa de Campións de Feiras, venceu o FC Barcelona por un marcador final de 2:1, nun partido disputado no Camp Nou.

Durante os primeiros anos, a Copa de Feiras foi dominada polos equipos españois, ao gañala o Barcelona en tres edicións, o Valencia en dúas e o Real Zaragoza nunha. Non foi ata 1968 cando un equipo do norte de Europa, o Leeds United, conquistou o trofeo, marcando así un período de dominio do fútbol inglés nas últimas edicións da competición.

Historial de finais

[editar | editar a fonte]

En letra grosa o resultado no campo do campión.

Temporada Campión Subcampión Ida Volta
1955/58España Barcelona Inglaterra Londres XI2-26-0
1958/60España Barcelona Inglaterra Birmingham City0-04-1
1960/61Italia AS Roma Inglaterra Birmingham City2-22-0
1961/62España Valencia España Barcelona6-21-1
1962/63España Valencia Bandeira de RFS de Iugoslavia Dinamo Zagreb1-22-0
1963/64España Zaragoza España Valencia2-1 *
1964/65 Ferencváros Italia Juventus1-0 *
1965/66España Barcelona España Zaragoza0-14-2
1966/67Bandeira de RFS de Iugoslavia Dinamo Zagreb Inglaterra Leeds United2-00-0
1967/68Inglaterra Leeds United Ferencváros1-00-0
1968/69Inglaterra Newcastle United Újpest Dózsa3-02-3
1969/70Inglaterra Arsenal Bélxica Anderlecht3-13-0
1970/71Inglaterra Leeds United Italia Juventus2-21-1

(*) Finais a partido único.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipos

[editar | editar a fonte]
Equipo País Títulos Subcampionatos Anos campión
Barcelona Bandeira de España España 3 1 1958, 1960 e 1966
Valencia Bandeira de España España 2 1 1962 e 1963
Leeds United Bandeira de Inglaterra Inglaterra 2 1 1968 e 1971
Zaragoza Bandeira de España España 1 1 1964
Ferencváros Bandeira de Hungría Hungría 1 1 1965
Dinamo Zagreb Bandeira de Croacia Croacia 1 1 1967
AS Roma Bandeira de Italia Italia 1 0 1961
Newcastle United Bandeira de Inglaterra Inglaterra 1 0 1969
Arsenal Bandeira de Inglaterra Inglaterra 1 0 1970
Birmingham City Bandeira de Inglaterra Inglaterra 0 2
Juventus Bandeira de Italia Italia 0 2
Londres XI Bandeira de Inglaterra Inglaterra 0 1
Újpest Bandeira de Hungría Hungría 0 1
Anderlecht Bandeira de Bélxica Bélxica 0 1

Por países

[editar | editar a fonte]
País Títulos Subcampionatos
España España 6 3
Inglaterra Inglaterra 4 4
Italia Italia 1 2
Hungría Hungría 1 2
Croacia Croacia 1 1
Bélxica Bélxica 0 1

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Equipos españois

[editar | editar a fonte]
Equipo Participacións Gañador
FC Barcelona113
Valencia CF92
Real Zaragoza51
Athletic Club5
Atlético de Madrid2
RCD Espanyol2
Sevilla FC2
UD Las Palmas1
CE Sabadell1
Real Betis1
  1. uefa.com, ed. (2009). "Historia da Copa Europa League". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2006. Consultado o 20 de agosto de 2009.
  2. Elmundodeportivo.es, ed. (2003). "Un dilema histórico". Consultado o 26 de setembro de 2003.
  3. Elmundodeportivo.es, ed. (1992). "O Barça, gran atracción do sorteo". Consultado o 16 de xullo de 1992.
  4. uefa.com, ed. (2009). "A Copa da UEFA da A á Z". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2009. Consultado o 29 de maio de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]