Río Gambia
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Continente | África | ||||
| País da cunca | Guinea | ||||
| Localización | Fouta Djalon | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | mar a fóra | ||||
| Localización | Océano Atlántico | ||||
| |||||
| Afluentes | Niokolo Koba (en) | ||||
| Conca hidrográfica | Gambia River basin (en) | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 1.130 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 69.931 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 2.000 m³/s | ||||
O río Gambia é un dos máis importantes ríos de África Occidental, cun curso de 1.120 km, que atravesa tres países, Guinea, o Senegal e Gambia. Este último debe o seu nome ao río mesmo, pois báñao na metade da súa lonxitude.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Gambia nace no planalto do Fouta Djalon, preto da cidade de Labé, no norte de Guinea), na mesma zona onde xorden os ríos Senegal e Nixer. Corre logo ao noroeste pola provincia de Tambacunda no Senegal e despois, máis amplo, atravesa o Parque Nacional Niokolo-Koba, nese mesmo país. Axúntanselle, máis adiante, os ríos Nieri Ko e o Koulountou, abandonando en Barrakunda o planalto, para entrar na ancha e chaira zona costeira.
Alcanza o territorio nacional de Gambia en Fatoto, percorrendo o país de leste a oeste. Desauga no océano Atlántico en Banjul, a capital de Gambia, onde forma un amplo esteiro de 22 km de ancho, entre o Cabo Saint Mary (Gambia) e Jinnak Creek (Senegal). Esta ampla foz fai que a influencia oceánica penetre profundamente no río, onde os derradeiros 200 km de curso son de auga salgada.
Illas
[editar | editar a fonte]- Hai varias illas no río, entre as que cómpre citar a de MacCarthy, que contén a cidade de Janjanbureh, e a de Baboon, onde habitan babuínos. Nesta illa atópanse aínda algúns hipopótamos e tamén crocodilos.
Navegabilidade
[editar | editar a fonte]O río é navegábel desde a desembocadura até a poboación de Kuntaur, 248 km río arriba, para barcos grandes. Embarcación menores poden remontar as augas até 447 km, a contar desde o estuario, podendo alcanzar a localidade de Fatoto, xusto onde o río penetra no territorio de Gambia.
Afluentes
[editar | editar a fonte]- Pola esquerda: Bintang Bolong, 130 km de lonxitude.
- Pola dereita: Bao Bolong, 100 km de lonxitude.
A ter en conta que bolongo en lingua mandinka ou mandinga, significa "río", na que o mesmo Gambia é denominado Kambya bolongo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Gambia |
