Tropopausa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atmosfera terrestre
Termosfera
Mesopausa
Mesosfera
Estratopausa
Estratosfera
Tropopausa
Troposfera
Ver tamén:
Ionosfera, Exosfera, Cinto de Van Allen,
Capa de ozono, Magnetosfera.


A tropopausa marca o límite entre a troposfera e a estratosfera. Marca o límite superior da troposfera, sobre a cal a temperatura se mantén constante antes de comezar novamente a aumentar sobre os 20 km. Esta situación térmica evita a convección do aire e confina desta maneira o clima á troposfera.

A capa que está sobre a tropopausa, na que a temperatura comeza a ascender, chámase estratosfera, unha vez que se alcanzan os 50 km de altura, a temperatura chega ós 0 °C. Polo tanto esténdese dende os 20 km ata os 48-50 km. Contén pequenas cantidades dos gases da troposfera en densidades decrecentes proporcionalmente á altura. Inclúe tamén pequenas cantidades de ozono, que filtran o 99,9% dos raios ultravioleta que proveñen das radiacións solares. É esta absorción de raios ultravioleta a que fai ascender a temperatura ata preto dos 0 °C. Este perfil de temperaturas permite que a capa sexa moi estable e evite turbulencias, algo que caracteriza á estratosfera. Esta, á súa vez, está cuberta pola estratopausa, outra inversión térmica preto dos 50 km.