Olivina
| Olivina | |
|---|---|
| Olivina con cristais verdes de diferentes tonalidades | |
| Fórmula química: | (Mg,Fe,Mn)2·SiO4 |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Nesosilicatos |
| Sistema cristalino: | Rómbico |
| Cor: | Verde, parda, vermella |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 6,5-7 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | {{{raia}}} |
| Densidade: | 3,2-4,2 g/cm3 |
A olivina (tamén chamada peridoto) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Mn)2·SiO4 (chamada forsterita se é de magnesio, fayalita se é de ferro e tefroíta se é de manganeso).
Índice |
Aspecto [editar]
A olivina ten unha cor verde característica e acostuma estar asociada a rochas volcánicas de cores escuras como a dunita.
Variedades da olivina [editar]
Existen 6 clases de olivina segundo a concentración de ferro na súa composición formando unha serie isomorfa que vai dende a forsterita (ausencia de ferro) ata a fayalita (olivina de ferro).
Estas son as seguintes:
- Crisolito, se contén un 10-30% de ferro.
- Hyalosiderita, se contén un 30-50% de ferro.
- Hortonolita, se contén un 50-70% de ferro.
- Ferrohortolita, se contén un 70-90% de ferro.
Do mesmo xeito existe outra serie isomorfa da olivina que vai dende a fayalita ata a tefroíta (olivina de manganeso). Na imaxe da esquerda pódese observar as diferentes variedades de olivina segundo a aparición ou ausencia de magnesio, ferro e manganeso na súa composición, dando lugar a unha ampla variedade de olivina de diferentes tonalidades verdosas.
Outras variedades da olivina [editar]
Existen tamén outros tipos de olivina moito máis escasos como a knebelita (cun 10% de óxido de zinc na súa composición), a talasskita (cun 10% de óxido de ferro), a titanolivina (onde o titanio substitúe o silicio), a monticelita (olivina de magnesio e calcio) e a kirschteinita (olivina de ferro e calcio).
Lugares onde se atopa [editar]
Como mineral de orixe volcánica que é, aparece frecuentemente en zonas de forte actividade basáltica, en gabros e diabasas. Se se encontra de forma masiva e en grandes extensións de terreo forma a rocha dunita.
En España podemos atopar olivina nas Canarias, polos arredores das zonas da antiga actividade volcánica característica destas illas, e en Cataluña, formando parte das dunitas.
Atópanse tamén cristais de olivina en meteoritos que proveñen do espazo e en rochas procedentes da Lúa e de Marte.
Usos da olivina [editar]
Pódese empregar con fins ornamentais e como fundente na fabricación do aceiro.
Outros silicatos [editar]
O cuarzo, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.