Bath

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Royal Crescent, en Bath, Reino Unido

Bath é unha cidade do suroeste de Inglaterra, no condado de Somerset, coñecida polos seus balnearios termais alimentados por tres mananciais. Os primeiros documentos históricos en relación coa cidade, datan de época romana e fan referencia aos seus mananciais. O primeiro templo levantado no manancial das augas termais foi construído polos celtas. A auga dos seus mananciais está considerada curativa para moitas enfermidades. Dende a época isabelina ata a época xeorxiana, foi un complexo termal para os ricos. Por este motivo, a cidade posúe numerosos exemplos de arquitectura xeorxiana, co significativo Royal Crescent. A cidade ten unha poboación duns 80.000 habitantes e é Patrimonio da Humanidade

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bath