Soño dunha noite de San Xoán
Soño dunha noite de San Xoán | |
---|---|
Título orixinal | A Midsummer Night's Dream |
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Reino de Gran Bretaña |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | Comedia |
Data de pub. | 1600 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme)
Soño dunha noite de San Xoán[1] (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán[2] é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Trátase dunha comedia que xoga coa temática do amor e as súas complicacións, intercalando personaxes mitolóxicos e humanos nun mundo fantástico. Está ambientada en Atenas, e consta de varias subtramas que xiran en torno ao matrimonio de Teseo e Hipólita. Unha subtrama implica un conflito entre catro amantes atenienses. Outra segue a un grupo de seis actores afeccionados que ensaian a obra que van representar antes da voda. Ambos os grupos atópanse nun bosque habitado por fadas que manipulan os humanos e se dedican á súa propia intriga doméstica. A obra salienta por conter elementos de maxia, como a intervención de fadas e seres similares a trasnos, e desenvólvese en gran parte nunha foresta. O seu ton humorístico e as súas intricadas relacións amorosas fixérona unha das pezas máis populares e representadas de Shakespeare.[3][4][5][6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Teseo—Duque de Atenas
- Hipólita—Raíña das amazonas
- Exeo—pai de Hermia
- Hermia—filla de Exeo, namorada de Lisandro
- Lisandro—namorada de Hermia
- Demetrio—pretendente de Hermia
- Helena—namorada de Demetrius
- Filostrato—mestre de cerimonias
- Peter Quince—un carpinteiro
- Nick Bottom—un tecedor
- Francis Flute—un reparador de foles
- Tom Snout- un tinker
- Snug—un carpintero
- Robin Starveling—un xastre
- Oberón—Rei das fadas
- Titania- a raíña das fadas
- Puck—un espírito fedello con poderes máxicos
En galego
[editar | editar a fonte]Foi traducida á lingua galega en 1989 e publicada pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, conxuntamente co Mercador de Venecia, formando o volume 4 da colección Clásicos en Galego. Ademais, foi levada ao cinema nun filme de animación galego dirixido por Ángel de la Cruz e Miguel Gómez Pereira co título de O soño dunha noite de San Xoán.[7]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]A lúa Puck , descuberta en 1985 pola Voyager 2, foi nomeada polo personaxe homónimo desta obra de Shakespeare.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Título da tradución realizada en 1989 por Miguel Pérez Romero
- ↑ Título da versión da obra realizada por Eduardo Alonso e Miguel Guede para o CDG e publicada por Xerais en 1992[Ligazón morta]
- ↑ Kopf, Dan (22 de setembro de 2016). "What Is Shakespeare's Most Popular Play?". Priceonomics. Consultado o 11 de outubro de 2022.
- ↑ Green, Douglas E. (2006). "Review of A Midsummer Night's Dream". Shakespeare Bulletin 24 (4): 69–72. ISSN 0748-2558.
- ↑ Walters, Lisa (2016). "Monstrous Births and Imaginations: Authorship and Folklore in Shakespeare's "A Midsummer Night's Dream"". Renaissance and Reformation / Renaissance et Réforme 39 (1): 115–146. ISSN 0034-429X.
- ↑ "Humor in A Midsummer Night’s Dream". SchoolWorkHelper (en inglés). Consultado o 2023-09-08.
- ↑ "El sueño de una noche de San Juan » Premios Goya 2023". www.premiosgoya.com. Consultado o 2023-09-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soño dunha noite de San Xoán |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |