Quilómetro por hora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período.

O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h-1. Nalgúns países de fala inglesa utilízase a notación kph.

Esta unidade de medida non pertence ao Sistema Internacional de Unidades (SI). A unidade do SI para a velocidade é o metro por segundo (m/s). Con todo, é a unidade máis utilizada a nivel mundial para indicar velocidades no transporte terrestre, xa sexa transporte por estrada ou transporte por ferrocarril. O kWh e o km/h son as unidades máis amplamente utilizadas que se basean na hora. A hora é a única unidade que non pertence ao SI que é aceptada para utilizarse con unidades do SI pola Oficina Internacional de Pesos e Medidas.

Equivalencias con outras unidades[editar | editar a fonte]

  • 3,6 km/h ≡ 1 m/s (exacto)
  • 1 km/h ≈ 0,277 78 m/s
  • 1 km/h ≈ 0,621 37 mph ≈ 0,911 34 pie/s
  • no ≡ 1,852 km/h (exacto)
  • 1 milla por hora = 1,609 km/h (exacto)

5 km/h

Velocidade ao camiñar dun humano media.

12 km/h

Velocidade ao trotar dun humano media.

20 km/h

Velocidade en bicicleta por unha costa.

37 km/h

Velocidade que alcanza un atleta de elite nos 100 metros lisos.

50 km/h

Velocidade límite de tránsito en zonas residenciais.

80-90 km/h

Velocidade límite nalgunhas estradas.

110-120 km/h

Velocidade límite nalgunhas autoestradas.

300 km/h

Velocidade que alcanzan algúns trens.

900-1.000 km/h

Velocidade que alcanzan os avións de pasaxeiros.

2.000 km/h

Velocidade que alcanzan algúns avións de combate.

40.320 km/h

Velocidade de escape da Terra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]