Portia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portia
Uranus-Portia-Cressida-Ophelia-NASA.gif
Descubrimento
Descuberta por Stephen P. Synnott / Voyager 2
Descuberta en 3 de xaneiro de 1986
Características orbitais
Semi-eixo maior 66.097,265 ± 0,050 km[1]
Excentricidade 0,00005 ± 0,00008[1]
Período orbital 0,5131959201 ± 0,0000000093 d[1]
Inclinación 0,05908 ± 0,039° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 156 × 126 × 126 km<[2]
Radio medio 67,6 ± 4 km[2][3][4]
Área superficial ~57.000 km²[5]
Volume ~1.300.000 km³[5]
Masa ~1,7 x 1018 kg[5]
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial ~0,023 m/s2[5]
Velocidade de escape ~0,058 km/s[5]
Período de rotación sincrónica[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,08 ± 0,01[6]
0.07[3][4]
Temperatura superficial ~64 K[5]

Portia é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 3 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal deS/1986 U 1[7]. A lúa recibiría máis tarde o nome de Portia, a heroína da obra de William Shakespeare, O mercader de Venecia. Tamén foi designada Urano XII[8].

Portia é o segundo satélite interior máis grande de Urano despois de Puck. Portia orbita Urano dentro do radio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara o planeta debido o efecto das mareas gravitatorias. A lúa podería algún día esnaquizarse e converterse nun anel planetario ou estrelarse contra Urano.

Portia lidera o grupo de satélites chamados Grupo Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Crésida, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes[6]. Por desgracia, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de 67,6 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Portia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Portia é de 0,8 ± 0,1[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal. A súa superficie é de cor gris.[2] Observación feitas co Telescopio Hubble e con grandes telescopios terrestres deron con liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Portia.[6][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. DOI:10.1086/300263. http://adsabs.harvard.edu/abs/1998AJ....115.1195J.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. DOI:10.1006/icar.2001.6597. http://adsabs.harvard.edu/abs/2001Icar..151...69K.
  3. 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics) (24 de outubro do 2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 12-12-2008.
  4. 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). "Uranian Satellite Fact Sheet". NASA (National Space Science Data Center). http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/uraniansatfact.html. Consultado o 12-12-2008.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculado en base a outros parámetros
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. DOI:10.1006/icar.2001.6596. http://adsabs.harvard.edu/abs/2001Icar..151...51K.
  7. Smith, B. A. (16-01-1986). "IAU Circular No. 4164". http://cfa-www.harvard.edu/iauc/04100/04164.html#Item1. Consultado o 06-08-2006.
  8. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. 21-07-2006. http://planetarynames.wr.usgs.gov/append7.html. Consultado o 06-08-2006.
  9. Dumas, Christophe (2003). "Hubble Space Telescope NICMOS Multiband Photometry of Proteus and Puck". Astronomical Journal 126: 1080–1085. DOI:10.1086/375909. http://adsabs.harvard.edu/abs/2003AJ....126.1080D.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]