Cordelia (lúa)
| Cordelia (no centro cara abaixo, dentro do anel brillante), imaxe do descubrimento procedente da Voyager 2 | |
| Descubrimento | |
| Descuberta por | Richard J. Terrile / Voyager 2 |
| Descuberta en | 20 de xaneiro de 1986 |
| Características orbitais | |
| Radio orbital medio | 49751,722 ± 0,149 km[1] |
| Excentricidade | 0,00026 ± 0,000096[1] |
| Período orbital | 0,33503384 ± 0,00000058 d[1] |
| Inclinación | 0,08479 ± 0,031° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
| é satélite de | Urano |
| Características físicas | |
| Dimensións | 50 × 36 × 36 kms[2] |
| Radio medio | 20,1 ± 3 km[2][3][4] |
| Área superficial | ~5.500 km²[5] |
| Volume | ~38.900 km³[5] |
| Masa | ~4,4 x 1016 kg[5] |
| Densidade media | 1,3 g/cm3 (asumida)[3] |
| Gravidade superficial | ~0,0073 m/s2[5] |
| Velocidade de escape | ~0,017 km/s[5] |
| Período de rotación | síncrona[2] |
| Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
| Albedo | 0,08 ± 0,01 [6] 0,07[3][4] |
| Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Cordelia é o satélite máis interno de Urano. Foi descuberto a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 20 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 7.[7] Non volveu a ser detectado ata que o Telescopio Hubble o observou no ano 1997.[6][8] Cordelia toma o seu nome da filla máis nova de Lear da obra King Lear de William Shakespeare. Tamén é designada coma Urano VI.[9]
Por desgracia, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de 20 km[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Cordelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Cordelia é de 0,7 ± 0,2[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal.
Cordelia actúa coma lúa pastor interior do anel Epsilon de Urano.[10] Cordelia orbita Urano dentro do radio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara o planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.[2]
Índice |
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. DOI: 10.1086/300263.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. DOI: 10.1006/icar.2001.6597.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Planetary Satellite Physical Parameters. JPL (Solar System Dynamics) (20-12-2008). Consultado o 10-03-2009.
- ↑ 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-122-2007) Uranian Satellite Fact Sheet. NASA (National Space Science Data Center). Consultado o 12-12-2008.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculada en base a outros parámetros
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. DOI: 10.1006/icar.2001.6596.
- ↑ Smith, B. A. (27-01-1986) IAU Circular No. 4168. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (03-09-2003) IAU Circular No. 8194. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ Planet and Satellite Names and Discoverers. Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology (21-07-2006). Consultado o 06-08-2006.
- ↑ Esposito, L. W. (2002). "Planetary rings". Reports On Progress In Physics 65: 1741–1783. DOI: 10.1088/0034-4885/65/12/201.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Cordelia Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||