Illa Melville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Melville
Localización da illa
Situación
País Canadá
Provincias e territorios do CanadáTerritorios do Noroeste
ArquipélagoIllas da Raíña Isabel
MarOcéano Ártico
Coordenadas75°30′N 111°30′O / 75.500, -111.500Coordenadas: 75°30′N 111°30′O / 75.500, -111.500
Xeografía
Superficie42.149 km²
Longura máxima341 km.
Largura máxima210–292 km
Punto máis alto776 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Mapa de Melville

A Illa Melville é unha vasta e deshabitada illa das Illas árticas canadenses, cunha superficie de 42.149 km². É a 33ª maior illa do mundo e a oitava máis grande do Canadá. Pertence ao arquipélago das Illas da Raíña Isabel. Administrativamente a illa está dividida entre os Territorios do Noroeste (parte occidental) e Nunavut (parte oriental). A fronteira entre ambos territorios corre ao longo do Meridiano 110 oeste. As montañas da illa son das maiores do ártico canadense, con cotas de ata mil metros de altitude. Existen dous enclaves subnacionais que se atopan ao oeste do meridiano 110 e forman parte dos Territorios do Noroeste.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa posúe escasa vexetación. Nos únicos lugares aptos para a vida vexetal pódense observar liques, musgos, céspede e Cyperaceaes. A única especie leñosa é o Salix herbacea, crece como unha alfombra torta e densa que se arrastra polo chan. Con todo, na illa atópase unha importante colonia de vida animal, composta principalmente por osos polares, caribús, bois almiscreiros, raposos polares, lobos polares, lebres polares e armiños. En 2003, unha expedición da Universidade de Alberta avistou un oso grizzly así como rastros do seu camiño, sendo este o avistamento máis setentrional da especie.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro europeo que visitou a illa de Melville foi o explorador británico William Parry en 1819. Viuse obrigado a pasar o inverno no que agora se chama "Winter Harbour" (Porto de inverno), ata o 1 de agosto de 1820, debido á conxelación do mar.[2] A illa leva o nome de Robert Dundas, 2º Vizconde de Melville que era First Sea Lord (Primeiro Lord do Mar) nese momento. Na procura da expedición perdida de Franklin, a súa costa leste foi explorada polo Dr. Abraham Bradford en 1851, mentres que as súas costas norte e oeste foron examinadas por Francis Leopold McClintock, Richard Vesey Hamilton e George Henry Richards en 1853.[3][4][5]

En 1930, unha arenita marcaba o sitio de invernada de Parry en Winter Harbor en 1819, con aproximadamente 5´5 metros de longo e 3 metros de altura foi designada como Sitio histórico nacional do Canadá.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]