Illa Ellesmere
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Illa Ellesmere | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Grise Fiord |
| País | Canadá |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Illas Árticas (Canadá) |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 146 hab. |
| Superficie | 196.235 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 80°0′N 79°0′W / 80°N 79°W |
| Maior Altura | 2.616 m. Barbeau Peak |
| Localización | |
A illa de Ellesmere (en inglés:Ellesmere Island; en francés: Île d'Ellesmere) pertence ao territorio canadense de Nunavut. É a máis setentrional das illas árticas de Canadá. Comprende un área de 196.235 km², o que a converte na décima maior illa do mundo e a terceira maior illa do Canadá.
Nela está o pobo máis ao norte do mundo, Alert.