Illa Devon
| Illa Devon | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Canadá |
| Localización | Océano Ártico |
| Arquipélago | Illas da Raíña Isabel |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 55.247 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 74°31′N 82°23′W / 74.517°N 82.383°W |
| Maior Altura | 1.920 m. Devon Ice Cap |
| Localización | |
A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 de Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca un área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almizcleros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.
A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado fai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.