Fez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porta da vella medina de Fez.

Fez[Cómpre referencia] (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2010 a cidade conta cunha poboación de 1.968.150 habitantes.

A cidade de Fez é a capital do Islam en Marrocos, da rexión de Fez-Bulmán e da prefectura de Fez. Sita na rexión antigamente chamada Hispania Nova.

Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convertena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.

A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peatonal do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.

Monumentos, edificios representativos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Vista de Fez.
Palacio real de Fez.

A medina é Patrimonio da Humanidade desde 1981.[1]

  • Mezquita de El-Qaraouiyyîn
  • Museo del palacio Batha
  • Madraza de Bou Inania
  • Mezquita de Ech-Cherabliyyîn
  • Museo Nejjarîn
  • Madraza de El-Attarîn
  • Mezquita dos andaluces
  • Madraza de Es-Sahrij
  • Fortaleza Norte
  • As Tumbas Merínidas
  • Fez el Bali (medina medieval da cidade)
  • Fez el Jedid (nova medina de Fez)
  • A Mellah

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unesco. "Medina of Fez". http://whc.unesco.org/en/list/170. Consultado o 27 de agosto de 2009. 
  2. A irmandade entre Fez e Xerusalén (al-Quds en árabe) foi firmado coa Organización para a Liberación de Palestina. Marrocos non reconoce ao estado de Israel.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fez Modificar a ligazón no Wikidata

Instituto Cervantes