Alfredo o Grande
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfredo o Grande, nado en Wantage no 849 e finado en Winchester o 26 de outubro do 899 foi un rei de Wessex que loitou contra os viquingos.
Traxectoria [editar]
Foi o quinto fillo de Ethelwulfo, rei de Wessex. Sucedeu no trono ao seu irmán Eltheredo I. Deu pulo á edificación de numerosos castelos e a construción dunha flota para frear o avance dos normandos. Trala súa vitoria de Elington, conquistou Londres no ano 885.
Realizou un importante labor de compilación de leis e como lexislador. Tendo sona de defensor dos febles, segundo o cronista celta Asser, fundou unha primeira escola pública. Propiciou a tradución de obras históricas e morais como as de Beda o Venerable, Boecio ou Paulo Orosio.
Ligazóns esternas [editar]
- Biografía, Universidade de Valencia.
- Historia de Inglaterra
- «Alfredo O Grande: un Rei Saxao No Esope de Marie de France», revista Brathair, núm. 2 (1), 2002. En portugués y formato PDF.
| Predecesor: Etelredo I |
Reis de Inglaterra 871-899 |
Sucesor: Eduardo o Vello |